C-3PO

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anthony Daniels cunha máscara de C-3PO en 2005.

C-3PO Relacións Interhumanas ou tamén C-3PO Relacións Cibernético-humanas, ou comunmente nomeado como C-3PO (pronunciado: SITRIPIO) é un personaxe ficticio do universo de A Guerra das Galaxias. Aparece nos seis episodios da saga. O actor que o interpreta é Anthony Daniels.

Características[editar | editar a fonte]

Trátase dun droide de protocolo, é dicir, un droide deseñado especificamente para interactuar con seres pensantes. Pode falar e entender mais de seis millóns de formas de comunicación. Construído por Anakin Skywalker, e compañeiro do droide astromecánico R2-D2.

A súa principal función como droide de protocolo é axudar a explicar os costumes doutras culturas, a tradución, etc. É moi leal aos seus amos, dende a súa creación, serviu a mais de corenta.

Nun principio foi chamado 3PO pero tras ser completado (entre os episodios I e II) déuselle o nome de C-3PO.

Ao final do Episodio III bórranselle os seus bancos de memoria para non revelar a localización de Luke Skywalker e Leia Organa, é por iso que non o recoñece en Una nova esperanza, nin tampouco ao seu creador Anakin dicindo que o capitán Raymus Antilles da nave Tantive IV fora o seu último dono.

En 2004, C-3PO foi introducido dentro do salón da fama dos robots.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: C-3PO Modificar a ligazón no Wikidata