Luke Skywalker

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Luke Skywalker
Personaxe de A guerra das galaxias
Primeira aparición A guerra das galaxias
Última aparición Star Wars: Episodio IX
Creador(es) George Lucas
Interpretado por
Voz orixinal
Información
Alcume Korl Marcus
Raza Humano
Sexo Masculino
Ocupación Jedi
Título Cabaleiro Jedi (O retorno do Jedi)
Mestre Jedi (Episodios VIIVIII)
Aliados
  • Canon:
  • Alianza Rebelde
  • Jedi
  • Nova República
  • Nova Orde Jedi
  • Star Wars Legends:
  • Alianza Galáctica
  • Consello Jedi
Familia
Cónxuxe Mara Jade (Legends)
Pais Padmé Amidala
Anakin Skywalker
Fillos Ben Skywalker (Legends)
Familiares
  • Cliegg Lars (avo)
  • Shmi Skywalker (avoa)
  • Jobal Naberrie (avoa)
  • Ruwee Naberrie (avo)
  • Sola Naberrie (tía)
  • Legends:
  • Jacen Solo (sobriño)
  • Jaina Solo (sobriña)
  • Anakin Solo (sobriño)
  • Cade Skywalker (descendente)
  • Luuke Skywalker (clon)
Nacionalidade Tatooine
Perfil en IMDb

Luke Skywalker é un personaxe ficticio e o protagonista da triloxía orixinal da saga de ciencia ficción A guerra das galaxias creada por George Lucas. Interpretado por Mark Hamill, Skywalker fai a súa primeira aparición en A guerra das galaxias (1977) e nos filmes seguintes O imperio contraataca (1980) e O retorno do Jedi (1983). Tres décadas despois Hamill volve a interpretar o personaxe na triloxía de Star Wars, secuela da anterior, que empeza con Star Wars: The Force Awakens (2015) e Star Wars: The Last Jedi (2017). Esta previsto que o actor volva a interpretar a Luke Skywlker na vindeira película Star Wars: Episodio IX (2019).[3]

Luke Skywalker representa o heroe arquetipo, "un mozo chamado a emprender a aventura, o heroe que se enfronta a dificultades e probas e regresa trala vitoria, acadando un gran beneficio para a comunidade".[4][5] Luke Skywalker viviu dende neno en Tatooine con seus tíos Owen Lars e Beru onde traballaba como campesiño, axudando en tódalas tarefas na granxa de seus tíos. Tras abandonar o planeta con Ben Kenobi emprendeu unha grande aventura e terminou convertendose nun Cabaleiro Jedi.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Libbey, Dirk (J27-07-2018). "Mark Hamill Confirmed For Star Wars Episode 9". Cinemablend. Consultado o 22-01-2019. 
  2. Smith, Christopher Corey (17-07-2014). "Power converters...". Twitter. Consultado o 22-01-2019. 
  3. Armitage, Hugh; Chapman, Matt (14-09-2018). "Star Wars Episode 9: Release date, cast, plot and everything you need to know". digitalspy.com. Consultado o 22-01-2019. 
  4. Campbell, Joseph; Moyers, Bill (1989). The Power of Myth. ISBN 978-0385247740. 
  5. Strauss, William; Howe, Neil (1997). The Fourth Turning. New York: Broadway Books.