César Fernández Gil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCésar Fernández Gil
Biografía
Nacemento1979 Editar o valor em Wikidata (44/45 anos)
Ribadavia, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Ribadavia
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata

César Manuel Fernández Gil, nado en Ribadavia en 1979, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Filosofía. Nas municipais de 2011 concorreu como número 4 da candidatura do PPdeG en Ribadavia, sendo elixido concelleiro, pasando a ser portavoz municipal. En 2013 foi nomeado asesor de cultura da Deputación de Ourense.[1] Nas eleccións municipais de 2015 encabezou a candidatura do PPdeG en Ribadavia, continuando como segunda forza política tralo PSdeG e como portavoz municipal. Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016 foi elixido deputado. Nas municipais de 2019 encabezou de novo a candidatura do PPdeG e foi a forza máis votada, aínda que lonxe da maioría absoluta, sendo elixido alcalde ante a falta de acordo entre o PSdeG e Ribeiro en Común, renunciando por tanto como deputado autonómico. Foi designado deputado provincial. O 23 de febreiro de 2021 perdeu a alcaldía logo dunha moción de censura apoiada polo PSdeG-PSOE e Ribeiro en Común.[2] Tras perdela alcaldía foi nomeado vicepresidente segundo da Deputación de Ourense[3]. Nas municipais de 2023 recuperou a alcaldía con maioría absoluta, sendo a primeira vez que algúen a conseguía en Ribadavia. Foi novamente designado deputado provincial e continuou como vicepresidente segundo da Deputación.


Predecesor:
Ignacio Gómez Pérez
 
Alcalde de Ribadavia
 
2019 - 2021
Sucesor:
Noelia Rodríguez Travieso
Predecesor:
Noelia Rodríguez Travieso
 
Alcalde de Ribadavia
 
2023 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]