Cándido Cerreda Pérez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1832 Galicia, España |
Morte | 1908 (75/76 anos) Ribadavia, España |
Alcalde de Ourense | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político , emprendedor |
Lingua | Lingua castelá |
Cándido Cerreda Pérez foi un empresario e político galego. Foi alcalde de Ourense entre 1873 e o remate da Primeira República en 1874.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
O edificio do concello de Ourense veu abaixo durante a súa alcaldía, o 24 de outubro de 1873, por mor do peso dun gran reloxo que se colocou nel para que o reloxo da catedral non fose o único da cidade.[1] Aquilo provocou que as reunións da corporación municipal tivesen que levarse a cabo en diferentes lugares da cidade até a inauguración da actual casa consistorial en 1890.
En abril de 1906, con 74 anos de idade, matou cunha escopeta un mozo chamado Manuel Santos na parroquia ourensá de Ceboliño. Foi xulgado en febreiro do ano seguinte e condenado a 14 anos e 8 meses de cadea, e ó pago de 4000 pesetas á nai do morto. Cándido Cerreda morreu dous anos despois.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "24 de outubro de 1873: o día en que a Consistorial se esborrallou polo peso dun ostentoso reloxo". Faro de Vigo. 26 de outubro de 2018..
- ↑ "De alcalde a asesino". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de novembro de 2018.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Predecesor: Fernando Fernández Álvarez |
Alcalde de Ourense 1873-1874 |
Sucesor: José Seijo Pérez |