Cándido Carrillo Cousillas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCándido Carrillo Cousillas
Biografía
NacementoMalpica de Bergantiños Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Cándido Ramón Carrillo Cousillas, nado en Malpica de Bergantiños, foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Militante da CNT, foi elixido concelleiro de Malpica de Bergantiños nas eleccións do 31 de maio de 1931. Permaneceu como concelleiro durante todo o período republicano. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu de Malpica con outros republicanos en xuño de 1938 na evasión da motora San Adrián. Pasou a zona leal, traballou na CAMPSA de Barcelona e despois como mariñeiro en Port-Vendres. Regresou a Galicia en xullo de 1943. Foi xulgado en Ferrol por rebelión militar e condenado a 12 anos e 1 día de prisión.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Regina Chouciño Blanco e foi pai de José e Cándido Carrillo Chouciño.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]