Buprestis aurulenta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Buprestis aurulenta

Adulto
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Coleoptera
Suborde: Polyphaga
Infraorde: Elateriformia
Superfamilia: Buprestoidea
Familia: Buprestidae
Xénero: Buprestis
Especie: Buprestis aurulenta
Linnaeus, 1767

Buprestis aurulenta[1] é unha especie de escaravello da familia dos bupréstidos.[2]

O adulto é de cor verde iridescente, cun bordo laranxa brillante nos élitros.[1] As larvas de B. aurulenta viven dentro de diversas coníferas e poden sobrevivir durante longos períodos en madeira seca.[3] O 27 de maio de 1983, un exemplar saíu das madeiras dunha escaleira dunha casa de Essex, Reino Unido, despois de estar vivindo dentro da madeira en forma de larva durante polo menos 47 anos.[4]

Viven na zona do noroeste do Pacífico dos Estados Unidos e chegan polo norte ata o sur da Columbia Británica canadense e polo sur a través das Montañas Rochosas chegan a México.[5] Son raros en Alberta, Canadá e recolléronse algúns espécimes en Manitoba.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Acorn, John (2001). Bugs of British Columbia. Vancouver, BC: Lone Pine Publishing. p. 67. ISBN 978-1-55105-231-1. 
  2. Cranshaw, Whitney; Kondratieff, Boris C. (2006). Guide to Colorado Insects (en inglés). Englewood, CO: Westcliffe Publishers. pp. 132–133. ISBN 9781565795211. Consultado o 1 de xuño de 2016. 
  3. Robert A. Zabel; Jeffrey J. Morrell (2 de decembro de 2012). Wood Microbiology: Decay and Its Prevention. Academic Press. ISBN 978-0-323-13946-5. 
  4. Guinness world records 2005. Jim Pattison Group. 2004. p. 69. ISBN 9780851121925. 
  5. 5,0 5,1 Hilchie, Gerald J. (9 de febreiro de 2001). "Family Buprestidae, genus Buprestis". Departamento de Ciencias Biolóxicas da Universidade de Alberta. Consultado o 19 de xuño de 2021. 



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.