Bullet for My Valentine

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bullet for My Valentine - Logo (2008).svg
Bullet for my Valentine-Live-Norway Rock 2010.jpg
Orixe Bridgend, País de Gales Flag of Wales.svg
Período 1998 - actualidade
Xénero(s) heavy metal, metalcore, thrash metal
Selo(s) discográfico(s) Columbia, Trustkill, Gun, Sony Music, Jive, RCA
Membros Matthew Tuck
Michael Paget
Michael Thomas
Jason James
Antigos membros Nick Crandle
Web oficial bulletformyvalentine.com


Bullet for My Valentine é unha banda galesa de heavy metal formada en Bridgend en 1998. O grupo está composto por Matthew Tuck (voces, guitarra rítmica), Michael Paget (guitarra solista, coros), Jason James (baixo, coros) e Michael Thomas (batería). A banda formouse co nome Jeff Killed John e comezou a súa carreira versionando cancións de Metallica e Nirvana. Jeff Killed John gravou seis temas que non foron editados; en dous deles traballaron posteriormente como Bullet for My Valentine. Dificultades financieiras forzaron ao cambio de nome, que foi seguido por un cambio na dirección musical. No ano 2002 a banda asinou un contrato por cinco álbums con Sony BMG.

O álbum de estrea de Bullet for My Valentine, The Poison, foi publicado o 3 de outubro do ano 2005 no Reino Unido e o 14 de febreiro do 2006 nos Estados Unidos para coincidir co día dos namorados e polo tanto co seu nome (en inglés chámase Valentine's Day). O disco entrou no númeor 128 da lista Billboard 200 estadounidense e foi certificado ouro pola RIAA. A banda apareceu no Download Festival e no Kerrang! XXV, e realizou unha xira polos Estados Unidos con Rob Zombie. O segundo álbum de Bullet for My Valentine, Scream Aim Fire, foi lanzado o 29 de xaneiro do 2008 estreándose no número 4 da Billboard 200. Seu terceiro traballo, Fever, editouse o 26 de abril do ano 2010 e estreouse no 3 da Billboard 200. A banda vendeu ao redor de un millón de discos nos Estados Unidos e preto de 2 millóns e medio en todo o mundo.

Discografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]