Bristol Fairchild Bolingbroke

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bristol Fairchild Bolingbroke
RMM Brussel Bolingbroke Blenheim 2.JPG
Tipo avión de patrulla marítima
Fabricante Bristol Aeroplane Company
Fairchild Aircraft Ltd. (Canadá)
Primeiro voo 14 de setembro de 1939
Introducido 15 de novembro de 1939
Construídos 626

O Bristol Fairchild Bolingbroke foi un avión de patrulla marítima usado pola Royal Canadian Air Force durante a Segunda Guerra Mundial. Construído por Fairchild-Canada, foi unha variante do bombardeiro británico Bristol Blenheim Mk IV.