Bristol Blenheim
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Bristol Blenheim | |
|---|---|
| Blenheim | |
| Tipo | bombardeiro lixeiro caza pesado |
| Fabricante | Bristol Aeroplane Company |
| Primeiro voo | 1935 |
| Introducido | 1937 |
| Principais usuarios | Royal Air Force |
| Construídos | 4.422 |
O Bristol Blenheim foi un bombardeiro lixeiro británico usado durante a Segunda Guerra Mundial. Foi o primeiro avión británico cunha construción totalmente metálica e usouse moito durante os primeiros anos do conflito. Posteriormente sería usado como caza pesado e nocturno. Unha versión de construción canadense, bautizado como Bolingbroke, foi usado como avión anti-submarino e de adestramento.
O Blenheim Mk I eclipsou á meirande parte dos cazas biplanos de finais dos anos 30 pero tivo poucoas posibilidades contra o Messerschmitt Bf 109 alemán durante as operacións diúrnas, aínda que tivo éxito como caza nocturno. A variante Mark IV tamén tivo moi pouco éxito, sufrindo grandes perdas nas primeiras etapas da guerra.
Especificacións [editar]
- Tipo: caza de longo alcance Bristol Blenheim Mk IVF
- Envergadura: 17,17 m.
- Lonxitude: 12,98 m.
- Planta motriz: dous motores radiais Bristol Mercury XV.
- Armamento: seis ametralladoras de 7,7 mm.
- Peso máximo ao despegue: 6.580 kg.
- Velocidade máxima: 260 millas/h a 12.000 pés.
- Alcance operacional: 1.460 millas.