Brfxxccxxmnpcccclllmmnprxvclmnckssqlbb11116

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Brfxxccxxmnpcccclllmmnprxvclmnckssqlbb11116 (pronunciado «Albin») foi o nome que lle intentaron poñer os pais suecos ao seu fillo nado en 1991[1].

Os seus pais, Elisabeth Hallin e mais Lasse Diding, tiñan pensado non rexistrar legalmente o seu fillo como protesta[2] contra a lei de nomes sueca (Namnlag (1982:670)), a cal di:

«Os nomes de pila non poderán ser aprobados se son ofensivos ou se poden supoñer unha incomodidade
para a persoa que os usa, ou se por motivos obvios non son apropiados como nome de pila
».

Despois de que os pais fracasaran ao intentar rexistrar o nome no quinto aniversario do cativo, unha corte do distrito de Halmstad, ao sur de Suecia, multounos con 5.000 coroas suecas (aproximadamente uns 500). En resposta á multa, os pais enviaron o nome de 43 caracteres en maio de 1996, afirmando que era "un desenvolvemento expresionista que consideramos unha creación artística". Ademais, estes suxeriron que o nome debía ser entendido co espírito 'patafísico. A corte rexeitou o nome e mantivo a multa.

Máis adiante os pais trataron de cambiar a ortografía do nome por A (tamén pronunciado «Albin»). Outra vez, a corte negouse a aprobar o nome, citando a prohibición de ter un nome dunha soa letra.

[editar] Notas

  1. "Boy named Brfxxccxxm", The Mirror, 30 de maio de 1996. Consultado o 16-06-2008.  
  2. "Baby named Metallica rocks Sweden", BBC News. Consultado o 04-04-2007.  

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

Ferramentas persoais