Wolfe+585, Senior
Hubert Blaine Wolfeschlegelsteinhausenbergerdorff, Sr. (Wolfe+585, Senior) é a abreviación do nome dun home de Filadelfia que traballaba de tipógrafo, quen ten o nome de persoa máis longo de toda a historia. Actualmente é a persoa que ostenta o récord do mundo desde 1980. "585" representa o número de letras adicionais do seu nome completo (un total de 590). O seu nome completo, de 746 letras, é Adolph Blaine Charles David Earl Frederick Gerald Hubert Irvin John Kenneth Lloyd Martin Nero Oliver Paul Quincy Randolph Sherman Thomas Uncas Victor William Xerxes Yancy Zeus Apollo Wolfeschlegelsteinhausenbergerdorffvoralternwarengewissenhaftschaferswessenschafewarenwohlgepflegeundsorgfaltigkeitbeschutzenvonangreifendurchihrraubgierigfeindewelchevoralternzwolftausendjahresvorandieerscheinenwanderersteerdemenschderraumschiffgebrauchlichtalsseinursprungvonkraftgestartseinlangefahrthinzwischensternartigraumaufdersuchenachdiesternwelchegehabtbewohnbarplanetenkreisedrehensichundwohinderneurassevonverstandigmenschlichkeitkonntefortplanzenundsicherfreuenanlebenslanglichfreudeundruhemitnichteinfurchtvorangreifenvonandererintelligentgeschopfsvonhinzwischensternartigraum, Senior[1][2].
Índice |
Traxectoria[editar]
Wolfeschlegelsteinhausenbergerdorff naceu en Bergedorf, Alemaña (preto de Hamburgo). Máis tarde emigrou aos Estados Unidos, onde se instalou en Filadelfia. Malia que o seu aniversario adoita darse coma o 29 de febreiro de 1904 informouse de que tiña 47 anos a mediados do ano 1964. Fíxose tipógrafo, "algo bastante lóxico" segundo Bennett Cerf[3]. Foi membro da American Name Society durante moitos anos[4].
A primeira vez que o nome atraeu a atención foi cando apareceu na páxina 1292, columna 3, liña 3 do directorio telefónico de Filadelfia de 1938[5].
O seu fillo, Hubert Blaine Wolfeschlegelsteinhausenbergerdorff, Jr., naceu en Filadelfia en 1952, e foi capaz de pronunciar o seu apelido con tres anos[6]. O encabezamento das cartas da familia usaba a forma "Hubert Blaine Wolfeschlegelsteinhausenbergerdorff"[7].
Aparece en todas as edicións do Libro Guinness dos Récords de 1975 a 1985 como o home co nome máis longo do mundo, sendo fotografado para o libro en fronte dunha carpa da cidade de Nova York xunto ao seu nome, escrito incorrectamente[1][8]. En 1983, só a forma de 35 letras do nome aparecía no Libro Guinness; a finais dos anos 80, a categoría desapareceu[9].
Notas[editar]
- ↑ 1,0 1,1 McWhirter, Norris (01-11-1980). Libro Guinness dos Récords de 1981. Sterling Publishing. p. 206. ISBN 0806901969.
- ↑ "Artigo". Ada Evening News. 01-07-1964. http://www.newspaperarchive.com/LandingPage.aspx?type=glpnews&search=wolfeschlegelsteinhausenbergerdorff&img=\\na0028\6799753\52594451.html. Consultado o 25-06-2008.
- ↑ Cerf, Bennett (19-10-1959). "Try and Stop Me". Delta Democrat-Times. http://www.newspaperarchive.com/LandingPage.aspx?type=glpnews&search=wolfeschlegelstein%20hausenberferdorlf&img=\\na0028\6799930\52936290.html. Consultado o 25-06-2008.
- ↑ McMullen, Edwin Wallace (2002). Names New and Old: Papers of the Names Institute. Fairleigh Dickinson University Names Institute. pp. 263–264.
- ↑ Wiedersheim, William A. (1938). Artigo. Philadelphia Bar Association. pp. 140. http://books.google.com/books?id=3cAtAAAAIAAJ&q=wolfeschlegelsteinhausenberger+dorff&dq=wolfeschlegelsteinhausenberger+dorff&pgis=1.
- ↑ "Wolfeschlegelsteinhausenbergderorff". Gettysburg Times. 23-07-1955. http://www.newspaperarchive.com/LandingPage.aspx?type=glpnews&search=wolfeschlegelstein%20hausenbergderorff&img=\\na0010\537922\6040090.html. Consultado o 25-06-2008.
- ↑ Hook, J.N.. All Those Wonderful Names: A Potpourri of People, Places, and Things. John Wiley & Sons. pp. 151.
- ↑ McWhirter, Norris (1984). Libro Guinness dos Récords de 1985. Sterling Publishing. pp. 140. ISBN 0806902647.
- ↑ McWhirter, Norris (1989). Libro Guinness dos Récords de 1990.