Bret Hart

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bret Sergeant Hart, máis coñecido como Bret "Hitman" Hart (nado o 2 de xullo de 1957 en Alberta (Canadá), é un loitador profesional canadense xa retirado. Forma parte da famosa familia de loitadores "Hart". É o oitavo fillo de Helen Hart e do loitador Stu Hart. A súa familia complétase con 7 irmáns (entre eles atópanse os loitadores Keith, Smith, Bruce e o falecido Owen Hart) e catro irmás, todas elas casadas con loitadores profesionais.

Carreira[editar | editar a fonte]

Comezos[editar | editar a fonte]

Na súa adolescencia xogaba nun equipo de hóckey xuvenil chamado Calgary Sun e posteriormente uniuse ás filas dos Calgary Hitmen na Western Hockey League.

Os seus comezos na loita libre foron a principios dos 80, cando comezou a traballar para o seu pai en Stampede Wrestling como árbitro. Todo cambiou cando un loitador non poido entrar ó ring e o substituíu a petición do seu pai. Así Bret ingresou por primeira vez como loitador nun ring. Pouco tempo despois uniuse ó seu irmán Keith para gañar 4 veces o campionato en parellas.

Coa experiencia que gañou en Xapón, onde coñeceu ó seu adestrador o Sr. Sakurada, foise facendo famoso e, aínda que reacio a conceder entrevistas e falar en público, Hart gañouse o aprecio da xente, gañando títulos británicos como os Campionatos de peso semipesado da Commonwealth, 5 Campionatos Internacionais en Parella e 6 Campionatos Norteamericanos de peso semipesado.

World Wrestling Federation[editar | editar a fonte]

1984-1991[editar | editar a fonte]

En 1984 trasladouse ós Estados Unidos. En agosto dese mesmo ano ingresou na WWF, substuíndo o nome de Dynamite Kid que viña utilizando polo de Bret "Hitman" Hart.[1]

En 1985 asociouse a Jim Neidhart, creando un equipo dirixido por "The Mouth of the South" Jimmy Hart. Este equipo recibiu o nome de Hart Foundation pola similitude dos nomes.

Bret e Jim fixeron o seu debut na primeira Royal Rumble de 20 homes, onde gañou André The Giant. A axilidade de Bret creu un estilo técnico intrigante, en contraste coa forma de loitar do seu compañeiro Jim, que utilizaba a forza.

Hart saltou á fama na WWF a mediados dos 80, e Hart Foundation gañou o WWF Tag Team Championship dúas veces. Finalmente convertéronse en "malos" e adoptaron o alcume de "The Pink and Black Attack". Os seus combates máis notables foron con British Bulldogs, The Fabulous Rougeaus, Strike Force, The Rockers e Demolition.

O seu primer reinado foi o 26 de xaneiro de 1987 ó vencer ós Bulldogs británicos. Tempo despois perdéronno ante Strike Force.

En Summerslam 1990, Hart Foundation iniciou o seu segundo reinado ó derrotar a Demolition coa axuda de The Legion of Doom.

O 30 de outubro Hart Foundation perdeu o título fronte a The Rockers (Marty Jannetty e Shawn Michaels) nunha loita moi polémica. Poucos días despois o presidente Jack Tunney cambiou de opinión e devolveu os títulos a Jim e Bret. O seu reinado durou ata o 24 de marzo de 1991.

A raíz dunha derrota que tiveron fronte a The Nasty Boys en WrestleMania VII,[2] os membros de Hart Foundation tiveron que seguir a súa carreira individualmente, o que se transformou nun gran éxito para Bret, xa que en SummerSlam 1991[3] gañou o seu primeiro Campionato Intercontinental WWF ó derrotar a Mr. Perfect.

Bret tivo despois un combate con The Mountie. Esta inimizade produciuse cando o mánager de Mountie, Jimmy Hart, botou auga sobre Bret, e Mountie fíxolle un cattle prod.

1992-1993[editar | editar a fonte]

Bret, despois de perder o Campionato Intercontinental WWF fronte a The Mountie, sufriu supostamente unha febre, pero só o fixo para protexer ao seu personaxe despois de perder o título. Logo da derrota ante The Mountie, en Royal Rumble 1992 o campionato pasou a mans de Roddy Piper, pero máis tarde Bret recuperaría o título en WrestleMania VIII.

En xullo de 1992, Bret derrotou a Shawn Michaels no que foi a primeira Ladder Match. Aunque moitos lembran a Michaels como o principal innovador de Ladder Match, debido ao éxito que tivo máis tarde neste tipo de loita, en realidade era Bret quen gañou por primeira vez.

Despois gañou o Campionato Intercontinental vencendo ao seu curmán Davey Boy Smith en Summerslam 1992, celebrado ante máis de 80.000 aficionados no Estadio de Wembley. O 12 de outubro gañou o Campionato WWF ante Ric Flair, nunha loita que non se emitiu en televisión. Nesa loita, Bret dislocouse un dos dedos da man dereita, pero non lle afectou moito e seguiu coa loita. Bret converteuse así no decimosexto home e o primeiro canadense en alcanzar o campionato da WWF.

Bret tivo que defender o título contra Papa Shango, Shawn Michaels e Razor Ramon antes de perdelo en WrestleMania IX fronte a Yokozuna coa axuda de Mr. Fuji. É entón cando aparece Hulk Hogan para defender a Bret e competir polo título que gañou por quinta vez.

Pouco despois Bret gañou o primeiro Pay-Per-View King Of The Ring en 1993, derrotando a Razor Ramon, Mr. Perfect e Bam Bam Bigelow. Despois de ser coroado como Rei do Ring, Bret foi atacado por Jerry The King Lawler quen alegou ser o verdadeiro rei, e así empezou a enemizade por parte de Jerry contra Bret e a súa familia. Esta rematou cun enfrontamento en Summerslam 1993 que, orixinalmente gañou Bret a través da Sharpshooter. Hart, porén, non deixou de lado o suspenso e a decisión inverteuse a unha vitoria de Lawler por descalificación.

Nese tempo a empresa tivo a idea de crear un feudo entre familias, feito que foi moi ben recibido polo público. É por ese éxito que a Bret se lle agrega un novo enfrontamento, pero esta vez contra Owen Hart, o seu irmán menor. A historia comezou en Survivor Series 1993, cando a familia Hart (Bret, Owen, Bruce Keith) enfrontou a Shawn Michaels e os seus compañeiros. Na loita ningún dos irmáns saíu eliminado, a excepción de Owen, quen culpou de dita eliminación a Bret e o retou a unha loita, a cal Bret rechazou. A historia di que Bret xunto aos seus pais traballaron nas vacacións de Nadal para xuntar a toda a súa familia e arranxar as suas rivalidades.

1994-1996[editar | editar a fonte]

En Royal Rumble 1994, Owen e Bret perderon a oportunidade de obter o Campionato en parellas da WWF ó enfrontarse a The Quebecers, xa que Bret sufriu unha lesión no xeonllo durante esta loita. O árbitro Tim White detivo o encontro porque considerou que Bret era incapaz de continuar. Ó término desta loita Owen recriminou ao seu irmán por quitarlle a oportunidade de obter o título e golpeouno no xeonllo ferido. Aínda así, Bret puido participar e gañar o Royal Rumble xunto a Lex Luger, caso que causou controversia xa que foron os últimos en quedar no ring e caer ao mesmo tempo sobre a terceira corda, polo tanto, ambos foron co-gañadores e ambos recibiron a oportunidade de ir polo campionato WWF en Wrestlemania X.

Mentres tanto, Hart centrouse no seu irmán, xa que Owen esixía repetidamente a posibilidade de loitar contra Bret, o cal rehusou en tódalas ocasións. Esta situación estaba complicando a Bret, polo que Jack Tunney decidiu que Hart e Luger terían a oportunidade polo título en Wrestlemania X, pero vironse enfrontados á posibilidade de que houbese dúas loitas con Yokozuna (nese tempo campión de WWF) nunha mesma noite. O máis xusto foi facer un sorteo televisado e o que gañara tería a posibilidade de enfrontarse a Yokozuna primeiro. O sorteo gañouno Luger.

Baixo o mando de Tunney, Bret estaba obrigado a enfrontarse con Owen na apertura de Wrestlemania X. Nesa ocasión gañou Owen.

Segundo as regras, se Luger triunfaba fronte a Yokozuna, loitaría con Bret esa mesma noite, pero Luger perdeu por descualificación. É así como Yokozuna e Bret loitaron polo título, enfrontamento que gañou Bret conseguindo o seu segundo campionato WWF.

Bret seguiu a rivalidade co seu irmán Owen e á vez con Diesel, nese tempo Jim Neidhart tornouse a unir a Bret. En King Of The Ring 1994, Bret defendeu o seu campionato contra Diesel, e cando Bret estaba por gañar o partido Shawn Michaels interfiriu a favor de Diesel, Diesel apareceu preto da vitoria aplicándolle a Bret un Jackknife Powerbomb, antes de que poidera facer a contaxe, interfere Neidhart. Diesel gañou por descalificación, pero Bret conserva o título.

En Summerslam 1994, Bret defendeu o título esta vez fronte a Owen nun Steel Cage Match. Hitman saíu vitorioso esta vez.

Bret, acompañado de Davey Boy Smith finalmente perdeu o título en Survivor Series 1994 nunha Submission match fronte a Bob Backlund acompañado de Owen Hart.

O feudo entre Bret Hart e Bob Backlund continuaría en Wrestlemania XI nuna "I Quit" Match co seu árbitro especial: Roddy Pipper. Bret Hart gaña esta loita, xa que Bob mentres aplicaba unha Crossface Chickenwing, di unha palabra inintelixible e Roddy Pipper interpretouna como rendición, galardoando así a Bret como triunfador do combate.

Esta última loita que tivo con Bob, arrefriou un pouco as cousas entre Bret e Owen. Pero esta vez Bret centrouse en onde comezou todo: a loita con Jerry “The King” Lawler. Despois da batalla en In Your House onde gañou Lawler, con interferencia de Hakushi e Shinja, reuníronse novamente en King Of The Ring 1995, onde Lawler, despois de perder, veuse obrigado a bicar o pé de Bret. Jerry avisou disto ao seu dentista Dr. Isaac Yankem (máis tarde Kane), a noticia non lle agradou a Yankem, polo que se creou unha loita entre o dentista de Lawler e Bret en Summerslam 1995. Hart, despois disto, empezou a tomar atención no campionato da WWF, que neses momentos tíñao Diesel.

Finalmente consegue o título en Survivor Series 1995 nuna loita sen descalificación.

Despois da súa vitoria fronte a Diesel, tivo unha pequena riña, que só durou un mes, co seu antigo aliado The British BullDog. Enfrontáronse en In Your House 5.

Shawn Michaels gaña Royal Rumble 1996 e enfróntase a Bret Hart nun Iron Man Match no evento Wrestlemania XII. A loita tivo algunhas complicacións, xa que o marcador, ós 60 minutos, iba 0-0, por tanto, o presidente Gorilla Monsoon deu tempo extra. Nesta loita Shawn Michaels levouse o ouro, despois de insertar dúas superkicks na cara de Bret.

Bret ese ano decidiu tomar un descanso. Durante ese verán Stone Cold foi o novo King Of The Ring 1996 e retou a Bret Hart a unha loita. Despois de 8 meses de ausencia, Bret Hart enfrontaríase a Stone Cold en Survivor Series 1996. Na loita Stone Cold ten a Hart nun Million Dollar Dream, pero Bret invérteo e gaña o combate. Esta sería a primera loita entre os dous, una loita entre a vella escola "Baby Face" Bret Hart e a nova escola "Anti-heroe" Austin.

1997[editar | editar a fonte]

O feudo continuou en Royal Rumble 1997, onde Bret esforzouse por ser o primer contendente ao campionato, cando logrou eliminar ao seu adversario, Austin, pero este último sobe de novo ó ring, xa que a súa eliminación non foi vista polos árbitros, para gañar o Royal Rumble sacando a Bret do combate. O feito costou controversia, pero para arranxalo, decidiron facer unha Fatal Four Way en febreiro no PPV In Your House entre Bret Hart, Austin e os outros dous individuos eliminados ó final, Undertaker e Vader.

A loita converteuse en titular, xa que Shawn Michaels, o campión nese momento, deixou vacante o título WWF. Os catro homes loitaron durante bastantes minutos, e aínda ningún deles era eliminado, ata que Bret cubre a Austin e, máis tarde, Undertaker elimina a Vader. Bret sacude as cousas e triunfa nesa oportunidade, para así converterse por cuarta vez no campión WWF. Aínda así, ese reinado só durou 1 día, xa que Bret perdeu o título a siguinte noite fronte a Sycho Sid, despois de ser golpeado por Stone Cold cunha cadeira.

Bret Hart tornou a formar un grupo, no que estaban Brian Pillman, Jim Neidhart, Owen Hart e The British Bulldog. Denomináronse “The New Hart Foundation” e destacaban po-lo seu ámbito antiamericano, sendo moi popular dentro de Canadá e Estados Unidos.

En Wrestlemania XIII enfróntanse Bret e Steve Austin nunha Submission Match, con Ken Shamrock como árbitro especial. Despois de 22 minutos, Bret Hart aplica a Sharpshooter e deixa a Austin esvaecido na lona e con abundante sange na fronte. A loita termina con Bret Hart como gañador. Aínda despois de haber gañado, Bret golpea a Austin. Así invértense os papeis, Bret convértese en Heel y Austin pasa a ser Face.

Austin e Hart enfróntanse novamente en In Your House 14, esta vez Austin triunfa a través de DQ, xa que a Fundación Hart interfireu. A noite seguinte Hart sufriu unha lesión no xeonllo despois de que Austin o golpeara cunha cadeira. Hart estivo fora de circulación durante o mes seguinte, a pesar de que segue sendo a voz da fundación Hart. Bret tornou en xullo de 1997 e levou á Fundación Hart a enfrontarse contra Austin, Ken Shamrock, Goldust e Legión of Doom. A Fundación Hart obtivo a vitoria.

Notas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bret Hart