Boom Gaspar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Boom Gaspar
BoomGaspar.jpg
Con Pearl Jam no ano 2007
Nome completo Kenneth E. Gaspar
Naceu 1953
Orixe Waimānalo, Hawaii Flag of the United States.svg
Instrumento(s) órgano, piano, teclados
Relacionado con Pearl Jam


Kenneth E. Gaspar, coñecido como Boom Gaspar, nado en 1953 en Waimānalo, Hawaii, é un músico estadounidense que leva tocando con Pearl Jam coma pianista e teclista dende o ano 2002.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Boom Gaspar medrou en Waimānalo, Hawaii e comezou a tocar coa idade de once anos. Despois de graduarse no Kailua High School, Gaspar pasou os seguintes 30 anos tocando por Hawaii con artistas como Mackey Feary Band, Harmony, Simplisity, e co guitarrista de blues Albert Collins.

O vocalista de Pearl Jam Eddie Vedder coñeceu a Gaspar en Hawaii. Estes foron presentado por C. J. Ramone. Gaspar apareceu nos álbums da banda Riot Act (2002) e Pearl Jam (2006). Aparece tamén coma compositor do tema "Love Boat Captain" que está en Riot Act. Segundo Gaspar o tema inicialmente saiu dunha jam que tivera con Vedder pouco despois de coñecerse.