Atol Bokak

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Bokak»)
Bokak
Atol Bokak - imaxe de satélite da NASA (NLT Landsat 7)
Datos
País Illas Marshall Illas Marshall
Illa principal Sibylla
Linguas
Poboación (2009) Deshabitado
Superficie 3´24 km²
Superficie lagoa 78´04 km²
Nº de illas 10
Coordenadas 14°32′N 169°00′L / 14.533, -169.000
Maior Altura
Localización
Localización do atol Bokak

O Bokak (tamén coñecido como Taongi Atoll) é un atol deshabitado de 3,2 km² situado no océano Pacífico en 14º32N 169º00E. Atópase na Cadea Ratak.

O primeiro europeo en descubrir Bokak foi Alonso de Salazar, un explorador español o 21 de agosto de 1526.

Bokak é o máis seco dos atois das Illas Marshall, cun carácter semi-árido. A temperatura media anual é de aproximadamente 28 °C.. A media de precipitación anual é inferior a 1.000 mm, e corresponde principalmente a finais de verán. Os ventos predominantes son de norte a nordeste.

A dureza, o clima seco, a falta de auga potable, e a pobreza dos chans indican que o atol permaneceu deshabitado. O atol foi tradicionalmente utilizado para a caza e a recolección, especialmente aves mariñas, por parte dos habitantes doutros atois, no norte da cadea de Ratak. A explotación das abundantes tartarugas mariñas, aves, ovos e réxese polo costume.