Alonso de Salazar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Toribio Alonso de Salazar (Enkarterri, Biscaia, século XV – nalgures no Pacífico, 5 de setembro de 1526) foi un explorador español.

[editar] Traxectoria

Foi o primeiro europeo en identificar as Illas Marshall, o 21 de agosto de 1526, aínda que non se ten constancia de que atracaran. Salazar estaba ao mando da nave Santa María de la Victoria. Crese que tamén avistou o atol Bokak. O seus barco era o derradeiro que quedaba da expedición de García Jofre de Loaisa, que tentou ampliar a circunnavegación do globo que realizara había pouco Fernão de Magalhães.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas