Bobby Kimball
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Bobby Kimball | |
|---|---|
| Nome completo | Robert Troy Kimball |
| Alias | |
| Naceu | 29 de marzo de 1947 (66 anos) |
| Orixe | Orange, Texas ( |
| Morreu | |
| Ocupación (s) | Cantante e compositor |
| Xénero | Hard rock, pop rock, soft rock |
| Instrumento(s) | Voz, teclados |
| Tipo de voz | |
| Selo(s) discográfico (s) | |
| Relacionado con | Toto, Yoso, Jimi Jamison |
| Tempo en activo | 1973-presente |
| Web | http://www.bobbykimball.com/ |
Robert Troy "Bobby" Kimball, nado o 29 de marzo de 1947 en Orange, Texas, é un cantante americano, coñecido por ser durante moito tempo o cantante principal da banda americana Toto.
Índice |
Toto [editar]
- Artigo principal: Toto.
En 1974, Bobby Kimball deixou Louisiana e trasladouse a Os Ánxeles, onde se xuntou con 3 membros da banda desaparecida Three Dog Night, e formaron unha nova banda chamada S.S. Fools. Editaron un álbum en CBS Records, pero se separaron ao ano e medio. 6 meses máis tarde, David Paich e Jeff Porcaro invitaron a Kimball a que se unise a eles para formar Toto. Kimball pon voz aos primeiros catro álbums de estudio de Toto. Foi despedido pola banda en 1984 durante a gravación de Isolation,[1] debido á súa adicción ás drogas.[2]
Notas [editar]
- ↑ Steve Lukather interview 2004
- ↑ Seely, Todd (7 de febreiro de 2005). The Fuze Interview with Steve Lukather, stevelukather.net. Consultado o 26 de abril de 2010.