Black Hawk Down
| Black Hawk Down | |
|---|---|
| Título orixinal | Black Hawk Down |
| [[Ficheiro:{{{imaxe}}}|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Ridley Scott |
| Produtor | |
| Guión | Ken Nolan Baseado na novela Black Hawk Down (1999) de Mark Bowden |
| Baseado en | {{{baseado}}} |
| Intérpretes | Josh Hartnett Eric Bana Ewan McGregor Tom Sizemore William Fichtner Sam Shepard Hugh Dancy Jason Isaacs Orlando Bloom |
| Música | |
| Fotografía | Slawomir Idziak |
| Montaxe | Pietro Scalia |
| Estudio | {{{estudio}}} |
| Distribuidor | Sony Pictures Columbia Pictures |
| Ano | 2001 |
| Duración | 144 min. |
| País | |
| Xénero | |
| Orzamento | 90 millón de dólares [1] |
| Filme anterior | {{{anterior}}} |
| Filme seguinte | {{{seguinte}}} |
| Ficha en IMDb | |
Black Hawk Down é unha película estadounidense de 2001 gañadora de 2 premios Óscar, mellor son e mellor montaxe, dun total de 4 participacións. Foi dirixida por Ridley Scott e escrita por Ken Nolan. O argumento está baseado no libro homónimo de Mark Bowden que narra o feito real acontecido durante unha misión estadounidense de pacificación, con mandato da ONU, en Somalia, en 1993.
Índice |
[editar] Argumento
Durante outubro de 1993, soldados estadounidenses de elite, Rangers e Delta Force son enviados a Mogadiscio, Somalia, como parte dunha operación de paz das Nacións Unidas: os cargamentos de alimentos enviados pola ONU son sistematicamente roubados polas milicias dos señores da guerra, notablemente Mohamed Farrah Aidid, o máis poderoso, que non dubidan en ametrallar a inocentes civís para conseguilo. O xeneral William F. Garrison (EEUU) está ao mando da operación que, segundo os seus asesores, non debería levar máis aló de dúas semanas, mais os final tarda máis tempo do debido, polo que Washington impaciéntase. Entón establécese unha nova misión, levada a cabo polas forzas Rangers e Delta dos Estados Unidos. O obxectivo é capturar a un grupo de guerrilleiros liderados por Aidid que promoven o estado de anarquía e con eles como reféns, negociar o fin da guerra civil. Cando empeza a misión todo parece ir ben; un grupo de helicópteros UH-60 Black Hawk e OH-6 Little Bird con membros dos Delta Force e dos Rangers abordo diríxese a Mogadiscio, nun aparente estado de calma. Un espía infiltrado sobre o terreo indica onde se reúnen os personaxes a capturar. Pero a guerra urbana é un escenario complexo onde os helicópteros son gravemente vulnerables ao fogo desde edificios, especialmente ás granadas autopropulsadas (RPG).
Cando un dos soldados Rangers cae dun helicóptero, comezan seriamente os problemas. Un dos rebeldes logra impactar a un Black Hawk e derrúbao, outro dos helicópteros que acode ao rescate tamén é impactado. Con dous helicópteros derribados, a misión convértese nunha misión de rescate. É un escenario inesperado que se abre nun momento de graves problemas, xa que as milicias non só están ben armadas, senón que se confunden entre as masas de persoas. Soldados da ONU de Malasia, Paquistán e EUA entran por terra ante a gravidade da situación. Vulnerables tamén ás granadas autopropulsadas e aos AK-47 das milicias, pronto se encontrarán con feridos e falecidos entre as súas filas.
Ao final convértese a misión nunha desesperada carreira contra reloxo para rescatar aos caidos, atrapados e feridos nunha cidade que se converteu en zona de combate mortal. Lograrán finalmente conducir os superviventes cara a salvación. Esgotados e feridos, son recibidos á entrada da zona segura (un estadio deportivo) por pícaros rindo que corren e xogan, paquistanís amables con bandexas de té e auga. As ráfagas dos AK-47 aínda soan tras eles.
[editar] Reparto
| Actor | Personaxe |
|---|---|
| Josh Hartnett | Sarxento Matt Eversmann |
| Ewan McGregor | John 'Grimsey' Grimes |
| Tom Sizemore | Tenente Coronel Danny McKnight |
| William Fichtner | Sarxento Jeff Sanderson |
| Eric Bana | Sarxento Norm 'Hoot' Hooten |
| Sam Shepard | Xeneral Willian F. Garrison |
| Orlando Bloom | Todd Blackburn |
| Ron Eldard | Michael 'Mike' Durant |
| Tom Guiry | Sarxento Ed Yurek |
| Hugh Dancy | Kurt Schmid |
| Charlie Hofheimer | Cabo Jaime Smith |
| Brian van Holt | Sarxento Jeff Struecker |
| Jason Isaacs | Capitán Mike Steele |
| Nikolaj Coster-Waldau | Gary Gordon |
[editar] Galardóns[2]
[editar] Premios Óscar
| Ano | Categoría | Receptor(es) | Resultado |
|---|---|---|---|
| 2001 | Mellor montaje | Pietro Scalia | Gañador |
| 2001 | Mellor son | Michael Minkler Myron Nettinga Chris Munro |
Gañadores |
| 2001 | Mellor director | Ridley Scott | Nominado |
| 2001 | Mellor fotografía | Slawomir Idziak | Nominado |
[editar] Premios BAFTA
| Ano | Categoría | Receptor(es) | Resultado |
|---|---|---|---|
| 2001 | Mellor montaxe | Pietro Scalia | Nominado |
| 2001 | Mellor fotografía | Slawomir Idziak | Nominado |
| 2001 | Mellor son | Chris Munro Per Hallberg Michael Minkler Myron Nettinga Karen M. Baker |
Nominados |
[editar] Notas
- ↑ Presupuesto Black Hawk derribado (español). Estamos Rodando. Consultado o 28 de xaneiro de 2011.
- ↑ Black Hawk Down (inglés). IMDb. Consultado o 28 de xaneiro de 2011.