Bietan jarrai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bietan jarrai (do éuscaro bietan, ‘nas/nos dous’, e jarrai, ‘seguir’) foi un lema da banda terrorista ETA.[1] Literalmente significa «seguir nas dúas» ou «perseverar en ambas», en referencia á loita política e á armada.[1] O lema foi creado nunha talla de madeira polo Félix Likiniano, exiliado anarquista e solidario co independentismo vasco.[2]

Simboloxía[editar | editar a fonte]

Está composto por unha serpe, símbolo do sixilo, e unha machada, que representa a forza.[3]

Durante décadas foi o anagrama de ETA- A súa reprodución foi utilizada en comunicados e outros eventos.[4] En setembro de 2017, con motivo do inicio do debate sobre a súa disolución, a imaxe da talla orixinal de Likiniano figuraba en todos os seus comunicados e documentos.[2]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "País Basco: a atuação do ETA na reivindicação separatista" (en portugués) (17). Pontifícia Universidade Católica de Minas Gerais. 20 de novembro de 2010. ISSN 1809-6182. Consultado o 22 de abril de 2018.  |first1= sen |last1= in Authors list (Axuda)
  2. 2,0 2,1 "ETA anuncia que ha iniciado su proceso de debate interno". Gara. 18 de setembro de 2017. 
  3. "El anagrama de Liki". borrokagaraia. 12 de agosto de 2015. 
  4. B. de Otálora, Oscar (18 de setembro de 2017). "El nuevo emblema de ETA: el hacha y la serpiente tallados por un anarquista en los 70". El Correo.