Félix Likiniano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Félix Likiniano
AlcumeLiki
Nacemento14 de xaneiro de 1909
Lugar de nacementoEskoriatza
Falecemento22 de decembro de 1982
Lugar de falecementoBiarritz
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónsindicalista
CónxuxeCasilda Hernáez
editar datos en Wikidata ]
Anagrama de ETA, deseñado por Likiniano, na praza dos Foros de Alsasua (Navarra).

Félix Likiniano Heriz, nado en Eskoriatza (Guipúscoa) o 14 de xaneiro de 1909 e finado en Biarritz (Pireneos Atlánticos) o 22 de decembro de 1982, foi un militante anarquista vasco.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era «un excelente escultor e artista, sobre todo na talla en madeira»[Cómpre referencia]. Foi castigado a 15 anos de cárcere por organizar durante o seu servizo militar unha revolta contra os oficiais da armada española, e a outros tantos por solidarizarse cos mineiros asturianos en 1934.

Ideoloxicamente foi anarquista. Na guerra civil española militou na CNT e participou na defensa militar de Donostia e nas milicias armadas de Aragón e Cataluña. Tras o triunfo da sublevación militar franquista na resistencia francesa á ocupación nazi e nos grupos guerrilleiros que operaban ao longo da fronteira franco-española coñecidos como maquis[Cómpre referencia].

É coñecido por ser o creador do anagrama "Bietan jarrai", o machado, que representa a forza, e a serpe, símbolo do sixilo. Na década dos 60 coñeceu e axudou a membros de ETA. O citado anagrama foi posteriormente utilizado por esta organización.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]