Berta de Borgoña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Berta de Borgoña
Raíña consorte dos Francos
Berthe de Bourgogne.jpg
Coroación 997
Nacemento cara 964
Falecemento 1010
Castelo de Valperga, Italia
Consorte 996-1000
Cónxuxe/s Eudes I de Blois
Roberto II de Francia
Arduino de Ivrea
Dinastía Dinastía dos Capetos
Pai Conrado I de Borgoña
Nai Matilde de Francia

Berta de Borgoña nada no 964 e finada no ano 1010 no Castelo Valperga. Foi unha princesa de Borgoña e Raíña consorte de Francia (997-1003).

Orixes familiares[editar | editar a fonte]

Bera foi filla do conde palatino Conrado I de Borgoña e da súa dona Matilde de Francia. Era neta por liña paterna do conde palatino Rodolfo II de Borgoña e Berta de Suabia, e por liña materna do rei Luís IV de Francia e Xerberga de Saxonia.

Nupcias e descendentes[editar | editar a fonte]

Casou, en primeiras nupcias, co conde Eudes I de Blois. Deste matrimonio naceron:

No 997 casou co rei Roberto II de Francia, quen repudiou a súa primeira esposa Susana de Italia.

Excomuñón de Roberto II[editar | editar a fonte]

A excomuñón de Roberto II.

Roberto II namorouse de Berta tan só vela e a converteu na súa amante. No ano 995, tras a morte de Eudes I de Blois, Roberto II quixo casar con ela, mais a oposición de Hugo Capeto, quen invocaba o gran grao de parentesco entre os dous namorados, provocou que non puidesen casar ata a morte deste.

Por aquel matrimonio o Papa Gregorio V excomungou ao rei francés. Vindo a esterilidade da súa nova esposa (en 999 Berta dera a luz a un fillo morto, quedando ao parecer incapacitada para concibir de novo), e sendo un gran crente e devoto da Igrexa católica, repudiou a Berta e casou de novo con Constanza de Arles para asegurara descendencia.

O Papa Silvestre II anulou o matrimonio de Berta e Roberto II, o que permitiu levantar a excomuñón que pesaba sobre o rei francés.

Unha vez asegurada a sucesión, Roberto II e Berta de Borgoña intentaron conseguir a anulación do novo matrimonio do rei francés, para manter a súa relación amorosa, mais non o conseguiron.

No exilio, Berta casou co rei de Italia Arduino de Ivrea, co que tivo tres fillos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Berta de Borgoña
Predecesor:
Susana de Italia
Raíña consorte de Francia
996-1000
Sucesor:
Constanza de Arlés