Susana de Italia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Susana de Italia
Raíña consorte dos Francos
Susanna of Italy.jpg
Susana de Italia
Reinado 988-991/992
Coroación 3 de xullo de 987
Outros títulos
Condesa de Flandes
Nacemento cara a 955
Falecemento 7 de febreiro de 1003
Cónxuxe/s Arnulfo II de Flandes (961-987)
Roberto II de Francia (988-991/992)
Descendencia (con Arnulfo II de Flandes)
Balduino IV de Flandes
Eudes de Cambrai
Matilde de Flandes
Casa Real Casa de Ivrea
Pai Berengario II de Italia
Nai Willa

Susana de Italia, nada cara ao 955 e finada o 7 de febreiro de 1003, tamén coñecida como Rosala de Italia ou Rosala de Ivrea, foi unha condesa de Flandes por matrimonio e Raíña consorte dos Francos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla do rei de Italia Berengario II, casou en primeiras nupcias co conde de Flandes Arnulfo II (961-987) co que tivo tres fillos:

Dado que o seu fillo era menor cando o seu pai finou, ela exerceu como titora.

Unha vez víuva e a pesar da diferenza de idade (preto de vinte anos máis que o seu futuro esposo), casou co príncipe herdeiro de Francia Roberto debido aos desexos do pai deste, Hugo Capeto. A súa dote era interesante pois ela aportaba Montreuil e Ponthieu.[1] Cando o seu marido chegou ao trono, repúdiaa entre (991/992), quedando coa dote.

Rosala, que cambiara o nome ao converterse en raíña, retirouse a Flandes xunto co seu fillo Balduino IV[1] onde finou e foi enterrada na abadía de San Pedro de Gante en Gante.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Christian Bouyer, Dictionnaire des Reines de France, Librairie Académique Perrin, 1992 ISBN 2-262-00789-6 (en francés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Susana de Italia
Predecesor:
Adelaida de Aquitania
Raíña consorte dos Francos
988-991/992
Sucesor:
Berta de Borgoña