Berne eXchange

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Berne eXchange ou BX é a bolsa de valores de Berna, Suíza. BX xunto con SIX Swiss Exchange, con sede en Zúric, son as únicas bolsas de valores de Suíza.

Historia e membros[editar | editar a fonte]

BX foi fundada en 1880 como a Berne Bank Association e formalizada en 1884 como a Berne Bourse Association (Berner Börsenverein ou BBV) por nove bancos berneses e catorce empresas privadas. Tivo un pequeno volume de negocio até a primeira guerra mundial.

A diferenza dos seus competidores en Basilea, Xenebra e Zúric, non participou na fusión de 1995 que levou á creación do SWX (actualmente SIX). BX conservou a forma xurídica de asociación privada baixo a lei suíza, e entre os seus membros atópanse os maiores bancos que operan en Berna, incluíndo UBS e Credit Suisse Private Banking.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]