Bernard Binlin Dadié

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bernard Binlin Dadié, nado en Assinié en 1916, é un escritor e político marfilés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Traballou en Dacar nun instituto de investigación ata que en 1947 regresou a Costa do Marfil, onde participa dos movementos nacionalistas como responsable de prensa do Partido Democrático de Costa do Marfil, detido polas autoridades coloniais en 1949 pasou 16 meses na cadea. Foi ministro de cultura entre 1977 e 1986.

Foi un dos primeiros dramaturgos africanos en francés, e na súa obra tenta axuntar a tradición africana co mundo moderno.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Assémien Déhylé, roi du Sanwi, 1937 (teatro)
  • Afrique Debout, 1950 (poesía)
  • Légendes Africaines, 1954
  • Climbié, 1956 (novela)
  • Monsieur Thôgô-Gnini, 1970 (teatro)