Berenguer de Cruïlles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBerenguer de Cruïlles

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1310 Editar o valor em Wikidata
Peratallada, presumiblemente Editar o valor em Wikidata
Morte26 de xullo de 1362 Editar o valor em Wikidata (51/52 anos)
Barcelona Editar o valor em Wikidata
Presidente da Generalitat de Cataluña
1359 – 1362
← sen valor – Romeu Sescomes (en) Traducir →
Electo en: Catalan Courts of 1358 (en) Traducir
Bispo de Xirona
22 de marzo de 1349 – 26 de xullo de 1362
← Arnau de Montrodon (en) TraducirÈnnec de Vallterra (en) Traducir →
Deputado eclesiástico da Deputación do General de Cataluña
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCoroa de Aragón Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoAbade Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Barcelona Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónsacerdote católico , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá Editar o valor em Wikidata
Consagración22 de marzo de 1349, Antonio de Alexandria (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
PaisBernat de Cruïlles i de Peratallada (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Gueraua de Cabrera (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsJofre Gilabert de Cruilles (en) Traducir, Q106874274 Traducir, Q110400893 Traducir e Q110400965 Traducir Editar o valor em Wikidata

Berenguer de Cruïlles, nado en Peratallada en 1310 e finado en Barcelona no verán de 1362, foi bispo de Xirona (1349–1362) e o primeiro presidente da Generalitat de Cataluña (1359–1362), nomeado polas Cortes de Cervera.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Os historiadores consideran probable que Berenguer de Cruïlles tivese as súas orixes familiares en Cruïlles, que o seu pai fose Bernat de Cruïlles i de Peratallada e a súa nai Gueraua de Cabrera, malia a ausencia de probas documentais. Rematando a súa carreira eclesiástica, sucedeu a Arnau de Mont-rodon como bispo de Xirona. Enérxico, defensor da Inquisición e preocupado pola herexía, foi bispo nun período marcado polas guerras constantes e os efectos da peste negra, que supuxo a morte dun terzo da poboación.

Foi escollido primeiro representante do brazo eclesiástico do que daquela se chamaba Deputación do Xeneral de Cataluña e máis adiante pasaría a chamarse Generalitat de Cataluña. Dende a presidencia desta institución velou polo cumprimento do acordo que a Corte de Cervera asinara co monarca Pedro IV de Aragón por axudalo na guerra dos dous Pedros (1356–1369), e que comportaba a substitución dos impostos arbitrarios anteriores a un único imposto legal e estable.[2] Bo diplomático, consérvanse moitas das súas cartas e sábese das súas súas accións decididas contra a corrupción da época, actuando con dureza diante de casos concretos, establecendo o cobro dos subsidios a través dun síndico local ou impulsando a redacción do Llibre verd dels feus.


Predecesor:
Primeiro no cargo
 
Presidente da Generalitat de Cataluña
 
1359-1362
Sucesor:
Romeu Sescomes

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]