Belén Esteban

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Belén Esteban

Belén Esteban Menéndez, nada en Madrid o 9 de novembro de 1973, é unha presentadora e colaboradora de varios programas de televisión e un personaxe mediático de España. O seu salto aos medios de comunicación produciuse trala ruptura da súa relación sentimental co toreiro Jesulín de Ubrique, do que ten unha filla, Andrea. As disputas públicas co toreiro e a súa familia a mantiveron constantentemente no candeeiro: exclusivas en revistas do corazón e programas de televisión, romances mediáticos e portadas en revistas fundamentaron dende entón a súa presenza nos medios de comunicación.

Índice

[editar] Biografía

Belén Esteban Menéndez naceu o 9 de novembro de 1973 en Madrid. Filla de Francisco Esteban (falecido en 2006 vítima dun cáncer) e de María del Carmen Menéndez. Agora converteuse nun dos personaxes máis populares da prensa do corazón española.

O 27 de xullo de 2008 casouse con Francisco Álvarez Gómez, un amigo de toda a vida. En setembro do 2009, o Defensor do menor da Comunidade de Madrid remitiu un escrito á Fiscalía de menores solicitando unha actuación de oficio en defensa da protección da súa filla, dando a entender que a exhibición continuada da vida privada e das circunstancias da menor por parte da súa nai, feito que vén ocorrendo dende que se separou do seu exmarido, vulneran o seu dereito á intimidade e á propia imaxe.

[editar] Currículum televisivo

  • Sabor a ti (Antena 3, 1999-2004);
  • Día a Día (magacín matinal en Telecinco, 2004);
  • El programa de Ana Rosa (Telecinco, 2005-2009);
  • Sálvame (magacín diario en Telecinco, 2009-actualidade, como co-presentadora);
  • La noria (Telecinco, 2009-actualidade);
  • Sálvame Deluxe (Telecinco, 2009-actualidade);
  • Campanadas de Nochevieja 2009-2010 xunto con Jorge Javier Vázquez en Telecinco.
  • ¡Más Que Baile! (Telecinco, 2010, como concursante);

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas