Beiginis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Beiginis vista dende a Illa de Gran Blasket.

Beiginis (ás veces tamén coñecida como Beginish na súa forma inglesa). É unha das illas que forman o arquipélago irlandés das Illas Blasket no condado de Kerry. En lingua irlandesa Beiginis significa "illa pequena".

É unha illa de baixa altitude (14 metros) localizada no estreito chamado Blasket Sound, entre a Illa de Gran Blasket e o continente. Ten unha gran colonia de carráns do Ártico e é unha importante zona de cría da foca gris. Ó igual que o resto das Illas Blasket, Beiginis non está habitada.

Hai polo menos outra illa no Condado de Kerry chamada Beginish, que se atopa na foz do río Ferta a un quilómetro da Illa Valentia.