Beatrice Irene Sandström

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Miss Beatrice Irene Sandström, nada o 9 de agosto de 1910 e falecida o 3 de setembro de 1995, foi unha das últimas supervivientes ó naufraxio do RMS Titanic.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de Hjalmar Sandström (morto en 1925) e Agnes Sandström, irmá de Marguerite. Subiron ao RMS Titanic en Southampton como pasaxeiros de terceira clase. Durante moitos anos ela non recordou nada do naufraxio e podía contar só o que a outra xente contaba, pero unha vez dixo que cando ela era pequena sempre dicía: "Look, the moon is falling down" (Mira, a lúa está a caer), Quizais recordaba as bengalas que durante o naufraxio ardían no estrelado ceo da noite do 15 de abril de 1912.

Viviu en Motala, Östergötland, Suecia, morreu o 3 de setembro de 1995.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]