Batzarre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Batzarre
Partido político de Navarra
Líder Milagros Rubio
Fundación 1987
Sede Rúa Navarrería, 15 - 1ºc
Ideoloxía Esquerda
Vasquismo
Representación 1 deputado (de 50) no Parlamento de Navarra, dentro de Nafarroa Bai (12 deputados)
Mocidades Batzarre Gazteak
Publicación oficial Ezkerretik Berrituz
Páxina web www.batzarre.org

Batzarre é un partido político vasquista de esquerdas de Navarra que se formou en 1987 da unión das seccións navarras de Euskadiko Mugimendu Komunista (EMK) e Liga Komunista Iraultzailea (LKI), e pode considerarse sucesor de plataformas como UNAI, ANAI, ANIZ e Auzolan.

Ten un acordo con Zutik que fai que esa formación en Navarra estea integrada en Batzarre.

Batzarre constituíuse oficialmente como partido político en 1991. A súa presenza é reducida, circunscrita fundamentalmente ás comarcas de Pamplona e Tudela. Conta con 510 afiliados,[1] e foi membro da coalición Nafarroa Bai até que a abandonou en 2011 para formar con IUN a coalición electoral Izquierda-Ezkerra.[2]

Eleccións[editar | editar a fonte]

Eleccións
Votos
%
Deputados
Posición
Observacións
Eleccións ao Parlamento de Navarra de 1987 5.880 2,11 0
Eleccións ao Parlamento de Navarra de 1991 6.543 2,41 0
Eleccións ao Parlamento de Navarra de 1995 6.509 2,23 0
Eleccións ao Parlamento de Navarra de 1999 47.271 a 15,96 1 b a Como membro de Euskal Herritarrok.
b Dos 8 totais de EH, na persoa de Milagros Rubio.
Eleccións ao Parlamento de Navarra de 2003 7.873 2,62 0
Eleccións ao Parlamento de Navarra de 2007 77.893 c 23,95 1 d c Como membro de Nafarroa Bai.
d Dos 12 totais de NaBai, na persoa de Ioseba Eceolaza.
Eleccións ao Parlamento de Navarra de 2011 18.457 e 5,71 1 f e Como membro de Izquierda-Ezkerra.
f Dos 3 totais de I-E, na persoa de Txema Mauleón.
Eleccións municipais

En canto ás eleccións municipais, a última vez que se presentou en solitario foi en 2003, cando obtivo 8.449 votos (2,8%), e 15 concelleiros. En 2007 obtivo 10 concelleiros en candidaturas de Nafarroa Bai e 4 en candidaturas populares.

Notas[editar | editar a fonte]