Zutik

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Zutik (que en éuscaro quere dicir en pé) é un partido político de esquerdas que ten o seu ámbito de actuación no País Vasco. Foi fundado en 1991 e ten a súa orixe no Euskadiko Mugimendu Komunista (EMK) e Liga Komunista Iraultzailea (LKI) que foron dúas escisións de ETA, pero hoxe en día rexeita totalmente a violencia etarra por motivos éticos. En Navarra actúa baixo a denominación de Batzarre.

Zutik está afiliada ao Secretariado Unificado da Carta Internacional (organización fundada en 1963 de carácter internacional que agrupa ao conxunto de partidos comunistas trotskistas de ámbito mundial).

Zutik agrupa a nacionalistas e non nacionalistas de esquerdas que cren posíbel unha solución consensuada ao conflito vasco que respecte as diferentes identidades e sensibilidades existentes no conxunto dos territorios que forman Euskal Herria.

Nos diferentes procesos electorais da década dos noventa do século pasado pediu o voto para Herri Batasuna e Euskal Herritarok, coalición na que integrouse en 1999. Deixou a mesma en 2004 cando ETA crebou a tregua e porque durante o proceso de refundación de Batasuna os integrantes de Zutik non coincidiron cos postulados da corrente maioritaria da coalición abertzale. Nas eleccións xerais españolas de 2004 presentouse en coalición con Aralar. Aos seguintes procesos electorais non se ten presentado nin en solitario nin en coalición con calquera outra forza política.