Izquierda-Ezkerra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Izquierda-Ezkerra
Logo
Tipocoalición electoral
Data de fundación29 de xaneiro de 2011
SedePamplona
PaísEspaña
Na rede
http://www.izquierda-ezkerra.org
editar datos en Wikidata ]

Izquierda-Ezkerra é unha coalición política de ámbito navarro integrada por Izquierda Unida de Navarra (IUN-NEB) e Batzarre para concorrer ás eleccións forais e municipais de 2011.[1]

Entre 2003 e 2010, Batzarre formou parte da coalición Nafarroa Bai, abandonándoa ese ano[2] e aceptando en votación específica o ofrecemento de Izquierda Unida de Navarra para conformar unha nova coalición electoral de esquerdas. O 29 de xaneiro de 2011 deron a coñecer que a marca electoral da súa coalición levaría o nome bilingüe (en castelán e éuscaro) de Izquierda-Ezkerra.[1]

Izquierda-Ezkerra aspira xerar un movemento político aberto que reúna a esquerda navarra, poñendo máis énfase neste eixe ideolóxico que en calquera outro. Este propósito foi valorado positivamente pola Plataforma polo Cambio en Navarra (escisión do PSN-PSOE), que mostrou a súa disposición de sumarse a este "polo de esquerdas".[3] Tamén recibiron o apoio da coalición Los Verdes-Grupo Verde (LV-GV).[4][5]

Aínda que non se considera a si mesma unha coalición nacionalista vasca, Izquierda-Ezkerra comparte con dito movemento político a iniciativa de estender a oficialidade do éuscaro a todo o territorio navarro, avogando para isto pola reforma da actual Lei foral do éuscaro suprimindo a zonificación lingüística hoxe existente.[6]

As súas cabeza de lista ao Parlamento de Navarra, á alcaldía de Pamplona e á de Tudela foron, respectivamente, José Miguel Nuin (IUN-NEB), Edurne Egino (independente) e Milagros Rubio (Batzarre).

Finalmente, tras obter 18.409 votos (5,7%), conseguiron tres representantes no Parlamento: dous membros de IUN (José Miguel Nuin e María Luisa de Simón) e un de Batzarre (Txema Mauleón). No Concello de Pamplona conseguiron un concelleiro (Edurne Egino) e no de Tudela conseguiron ser terceira forza, con catro concelleiros.

O 27 de agosto de 2011 anunciouse que a coalición se mantería para as eleccións xerais de 2011. Lograron un total de 18.224 votos (5,51%), mais non conseguiron representación.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Izquierda-Ezkerra será la marca electoral de IUN-Batzarre Arquivado 04 de novembro de 2011 en Wayback Machine., Noticias de Navarra, 27 de xaneiro de 2011. Consultado o 30 de novembro de 2012.
  2. Los afiliados de Batzarre deciden con un 75% de los votos abandonar NaBai, Europa Press, 6 de novembro de 2010. Consultado o 30 de novembro de 2012.
  3. Una plataforma de ex cargos socialistas dispuesta a unirse a IU-Batzarre (Navarra) Arquivado 12 de maio de 2013 en Wayback Machine., ABC, 28 de xaneiro de 2011. Consultado o 30 de novembro de 2012.
  4. El Grupo Verde de Navarra participará en las listas electorales de Izquierda-Ezkerra para las elecciones de mayo, 20minutos, 13 de abril de 2011. Consultado o 30 de novembro de 2012.
  5. Izquierda-Ezkerra y Grupo Verde de Navarra firman un protocolo de colaboración Arquivado 04 de novembro de 2011 en Wayback Machine., Noticias de Navarra, 13 de abril de 2011. Consultado o 30 de novembro de 2012.
  6. Izquierda-Ezkerra propone equiparar la «zona mixta» y la «no vascófona» Arquivado 17 de decembro de 2011 en Wayback Machine., Gara, 14 de outubro de 2011. Consultado o 30 de novembro de 2012.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]