Batman (debuxos animados de 1969)
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Batman with Robin the Boy Wonder | |
|---|---|
| Formato | Aventuras |
| Creado por | Bob Kane |
| Intérpretes | Animación |
| País de orixe | |
| Produción | |
| Produtor(es) executivo(s) | Estudio Filmation |
| Duración | 30 minutos por episodio (dividido en dúas historias, unha dobre) |
| Emisión orixinal | |
| Canle de orixe | CBS |
| Formato de imaxe | 4:3 |
Batman (Batman with Robin the Boy Wonder ou The Adventures of Batman) é unha serie de debuxos animados que emitiu a CBS en 1969. Consiste nunha versión de trinta minutos dunha serie do ano anterior The Batman/Superman Hour sen os segmentos de Superman nin os de Superboy. Nos episodios aparecen Batman, Robin, Batgirl e algúns dos seus inimigos clásicos. Cada episodio presentaba unha historia en dúas partes de seis minutos e medio cada unha que se combinaba con outra historia curta[1]. A Televisión de Galicia emitiu a serie en 1986, presentando cada unha desas historias como se fosen capítulos independentes.