Bandeira xitana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandera Xitana

A bandeira xitana foi empregada por vez primeira durante o Primeiro Congreso Xitano celebrado en Londres en 1971, durante o cal creouse tamén o que sería o himno xitano.

É unha adapación da bandeira da India. Está dividia en dous franxas verticais, azul e verde, con unha roda no centro. A parte superior, azul, simboliza o ceo, que é o teito do fogar do pobo xitano. A inferior, de cor verde, simboliza o chan, o mundo por onde transitan. A roda, tamén na bandeira da India, expresa os desexos de liberdade de circulación máis alá das fronteiras establecidas.

A bandeira xitana é un sinal de identidade da comunidade romaní de todo o planeta. Foi empregada no funeral de Camarón de la Isla, onde o seu ataúde foi cuberto con esta bandeira.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas