Bambusoideae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bambú

Bosque de bambús en Arashiyama, Kioto, Xapón.
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Orde: Poales
Familia: Poaceae
Subfamilia: Bambusoideae
Luerss., 1893

Tribus
  • Arundinarieae, «os bambús leñosos de climas tépedos», sensu Kellogg en Kubitzki (2015)
  • Bambuseae, «os bambús leñosos de clima tropical»
  • Olyreae, os «culmos herbáceos»

Os bambús, coñecidos cientificamente como a subfamilia Bambusoideae, son plantas anxiospermas perennes da familia herbácea das poáceas. Moitas variedades miden menos de 1 m de longo e con talos (culmos) de medio centímetro de diámetro, aínda que tamén existen os bambús xigantes: duns 25 m de alto e 30 cm de diámetro. Hainos herbáceos e leñosos, cespitosos e máis expansivos, e hainos rubideiros.

En Galicia está catalogada como especie exótica invasora.[1]

Descrición[editar | editar a fonte]

Bambusoideae posúe tanto plantas herbáceas como leñosas, e están presentes de maneira natural en todos os continentes fóra de Europa e a Antártida. Presentan dous tipos de follas: a) das ramas, que son verdes e pseudopecioladas e b) do talo que son cafés, basais e coriáceas. Presentan 3 lodículas e un androceo con 6 estames, raramente de 2 a 14. O ovario contén 2 ou 3 estigmas, raramente 1. A primeira folla das plántulas non presenta lámina. Os números cromosómicos básicos son x=7 e x=9 a 12. Inclúe 126 xéneros con aproximadamente 970 a 1200 especies tropicais.

A diversificación dentro de Bambusoideae ocorreu hai 30 a 40 millóns de anos. Os bambús leñosos forman un grupo monofilético irmán do clado que contén as especies herbáceas. Os bambús leñosos teñen talos de até 25 metros de altura. A floración en moitas destas especies tamén é infrecuente, xa que ocorre en ciclos moi variables, mesmo se informa dunha especie que o fai cada 120 anos. Aínda cando os talos individuais viven por só unha ou unhas poucas décadas, algunha forma de «reloxo xenético» que fai que moitas veces os talos florezan todos ao mesmo tempo en todo o rango de distribución da especie, levándose a cabo unha floración de tipo gregario, noutras especies a floración pode ser de tipo esporádico onde só uns cantos talos poden producir flores.

Usos[editar | editar a fonte]

O bambú é unha planta que desempeñou un papel importante no desenvolvemento de determinadas culturas coas que conviviu mutuamente. Culturas como a asiática empregaron o bambú en áreas tan diversas como a construción, a alimentación e mesmo na confección de tea e papel.

  • Alimentación.
  • Medicamento.
  • Construción.
  • Téxtil.
  • Papel.
  • Instrumentos musicais.
  • Biomasa.
  • Remos.
  • Escritura.

Debido á gran diversificación de especies e ao amplo espectro de usos que viran en torno ao bambú, algunhas rexións onde non era común o seu crecemento atópanse introducindo o cultivo como unha alternativa ante a crecente necesidade do uso de fontes renovables. Outras rexións do planeta tales como Australia e os Estados Unidos, atópanse realizando grandes extensións de cultivos de bambú.

Algunhas marcas como Toyota, Apple e Lexus utilizan o bambú como substituto dalgúns dos compoñentes que forman parte dos seus produtos, dotándoos dalgunhas das calidades implícitas desta planta.

O bambú no Caribe.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

A taxonomía do grupo está en desenvolvemento: unha aproximación, a do Germplasm Resources Information Network, divide ao taxón en dúas supertribos:[2]

Segundo GRIN
[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fichas identificativas de Especies exóticas invasoras
  2. "GRIN Genera of Poaceae subfam. Bambusoideae" (en español). Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 10 de novembro de 2007. 
  3. USDA, ARS, National Genetic Resources Program. Germplasm Resources Information Network - (GRIN) [Base de Datos en Liña]. National Germplasm Resources Laboratory, Beltsville, Maryland. URL: http://www.ars-grin.gov/cgi-bin/npgs/html/family.pl?1465 Arquivado 02 de novembro de 2004 en Wayback Machine. (23 de novembro de 2013)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]