Baía de Jackson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 33°51′30″S 151°14′00″E / 33.85833°S 151.23333°E / -33.85833; 151.23333 A Baía de Jackson (en inglés: Port Jackson) é o porto natural en volta do cal sitúase a cidade de Sidney en Australia. A baía é ben coñecida pola súa beleza e porque nela localízanse dous dos máis famosos símbolos da cidade, a Casa da Ópera e a Ponte do Porto, que xuntas forman unha das vistas máis bonitas e fotografadas do mundo.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Está situada no sureste de Australia. Trátase dunha ría ou val costeiro somerxido, xa fose isto por un acrecentamento do nivel do mar ou por un descenso da liña de costa, que coincide coa desembocadura de un ou máis ríos.

Oficialmente, cubre unha área de 55 km². O estuario en pleamar ten un volume de 562.000 megalitros e un perímetro de 317 quilómetros. Estas medidas abranguen a auga dentro da liña imaxinaria que une o Cabo Norte e o Cabo Sur, repartida en tres grandes baías:

  • A Baía do Norte (North Harbour): É a máis pequena das tres, realmente é somente unha grande baía en torno da cal se extende o concello de Manly.
  • A Baía Central (Middle Harbour): Situada entre a Baía do Norte e a Baía de Sidney, exténdese cara o noroeste ao longo de 10 km até a desembocadura do Río Middle Harbour.
  • A Baía de Sidney (Sydney Harbour): É a mais grande das tres e nela sitúanse os suburbios e bairros máis importantes da cidade de Sidney, razón pola que moitas veces se lle adoita dar este nome a toda a Baía de Jackson. Este estuario exténdese cara o oeste ao longo de 21 km até a confluencia das desembocaduras dos ríos Parramatta e Lane Cove, feito que ten lugar de maneira oficial a altura da liña imaxinaria que une Yurulbin Point e Manns Point aínda que na realidade o mar adéntrase no Río Parramatta até os límites do Concello de Parramatta e no Río Lane Cove até os límites do Concello de Ryde.
Grotto point reserve.jpg

Illas[editar | editar a fonte]

Dentro do estuario áchanse tamén as seguintes illas e illotes:

Antigamente podíanse ver estas outras illas e illotes na baía mais foron unidas á terra firme tras lle gañar terreo ao mar:

Ríos[editar | editar a fonte]

Múltiples son tamén as correntes de auga que alimentan á baía deitando as súas augas nela. As principais son:

A nivel histórico unha importante corrente de auga tributaria deste porto natural foi o regato de auga fresca coñecido como Tank Stream, hoxe xa desaparecido.

Baías[editar | editar a fonte]

As baías principais nas que se reparte a Baía de Jackson incorporan a súa vez un grande número de pequenas baías e enseadas.