BAE Systems Hawk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
BAE Systems Hawk
Tipoadestrador avanzado
FabricanteHawker Siddeley (1974-1977)
British Aerospace (1977-1999)
División MAI de BAE Systems MAI (1999-presente)
Primeiro voo21 de agosto de 1974
Introducido1976
Estadoen servizo
Principais usuariosRoyal Air Force
Forza Aérea da India
Forza Aérea de Finlandia
Real Forza Aérea de Australia
Produción1974 - presente
Unidades construídasmáis de 1 000

O BAE Systems Hawk é un adestrador avanzado a reacción británico monomotor. Voou por vez primeira en Dunsfold, Surrey, o 21 de agosto de 1974 como o Hawker Siddeley Hawk, e posteriormente foi fabricado polas súas compañías sucesoras, British Aerospace e BAE Systems. Ademais de ser usado como adestrador tamén é utilizado como avión de combate de baixo custo.

Entre os operadores do Hawk atópanse a Royal Air Force (destacando o seu uso por parte do seu equipo acrobático, os Red Arrows) e un número considerable de operdores militares estranxeiros. O Hawk aínda se fabrica no Reino Unido e baixo licenza na India por Hindustan Aeronautics Limited (HAL), con máis de 900 aparellos vendidos a 18 operadores de todo o mundo.

Deseño[editar | editar a fonte]

O Hawk é un adestrador avanzado cunha cabina de dous homes en tándem, unha á cantilever baixa e impulsado por un único motor turboventilador. A diferenza de moitos dos anteriores adestradores no servizo da RAF, o Hawk deseñouse especificamente para o adestramento.[1] Hawker desenvolveu o avión para ter un alto nivel de servizo, ademais de custos de compra e operación máis baixos que os anteriores adestradores como o Jet Provost.[2] O Hawk é loubado polos seus pilotos pola súa axilidade.[3]

O deseño da fuselaxe incluía un diferencial de altura entre os dous asentos da cabina; isto proporcionaba uns xenerosos niveis de visibilidade para o instrutor no asento traseiro.[4] Cada praza está equipada con asentos exectables Martin-Baker Mk 10B zero-zero asistidos por foguetes.[4] O aire cara ao motor Rolls-Royce Turbomeca Adour, montado na parte traseira, flúe a través de dúas entradas na parte dianteira das raíces das ás. Durante o desenvolvemento do avión Hawker traballou estreitamente con Rolls-Royce para reducir o consumo de combustible do motor e para asegurar un alto nivel de fiabilidade.[2]

Xa na fase de desenvolvemento pretendíase crear unha variante do Hawk que tamén servise como un caza de ataque ao chan monopraza; tanto o adestrador como o caza desenvolvéronse co mercado de exportación en mente.[1] Nos modelos monopraza a zona do asento dianteiro substitúese por unha baía co electrónica da aviónica e sistemas de a bordo, como un ordenador de control de fogo, radar multi-modo, telémetro láser e infravermellos de barrido frontal (FLIR).[5] Algúns clientes de exportación, como Malaisia, realizaron extensivas modificacións nos seus avións, como un punto de ancoraxe na punta das ás ou unha sonda para reabastecemento en voo.[6]

O Hawk deseñouse para ser manobrable e poder acadar unha velocidade de Mach 0,88 a nivel de voo e Mach 1.15 nun picado, permitindo así aos alumnos experimentar o voo transónico antes de avanzar a un adestrador supersónico.[7][8] A estrutura é moi resistente e forte, con capacidade para aguantar +9 g; o límite normal na RAF é de +7.5/-4 g.[9] Un sistema hidráulico dual subministra enerxía para operar sistemas como os flaps, os freos de aire e o tren de aterraxe, xunto cos controis de voo. Ten tamén unha turbina de aire de impacto instalada na deriva para proporcionar enerxía hidráulica de apoio no caso do fallo do motor;[10] ademais enriba do motor existe unha unidade de potencia auxiliar de turbina de gas.

O Hawk pode levar unha vaina de canón na liña central, como o ADEN de 30 mm, dúas baixo as ás, e ata catro ancoraxes para armamento e equipamento. En servizo coa RAF o Hawks pode operar mísiles aire-aire Sidewinder. A principios dos 90 British Aerospace investigou a posibilidade de armar o Hawk co mísil anti-buque Sea Eagle para clientes de exportación.[11] En 2016 BAE Systems estaba desenvolvendo o chamado "Advanced Hawk" cunha nova á con slats no bordo de ataque, máis sensores e armas, un head-mounted display (HMD), e unha gran pantalla única na cabina dianteira.[12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Field 1976. p. 834
  2. 2,0 2,1 Field 1976. pp. 834-835
  3. Field 1976. p. 842
  4. 4,0 4,1 Field 1976. p. 835
  5. "Hawk 200 faces a tougher market". New Scientist 11 (1516): 28. 10 de xullo de 1986. ISSN 0262-4079. 
  6. Polmar e Bell 2004, p. 389
  7. David Donald, ed. The complete encyclopedia of world aircraft. New York, NY. ISBN 0-7607-0592-5. OCLC 37976989. 
  8. Field 1976. p. 836
  9. Caliaro, Luigi. In flight with the Red Arrows, A&D Magazine, maio de 1996, p. 51
  10. Jackson 2003, pp. 479-480
  11. Phythian 2001, p. 181
  12. Pocock, Chris. "BAE Systems Working on ‘Advanced’ Hawk Jet for India". Aviation International News (en inglés). Consultado o 2021-01-02. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]