Azumino
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
|
|||
| Mapa | |||
|---|---|---|---|
| Localización de Azumino na prefectura de Nagano | |||
| Localización da prefectura de Nagano no Xapón | |||
| Información | |||
| País | |||
| Illa | Honshū | ||
| Rexión | Rexión de Chūbu, Rexión de Kōshin'etsu | ||
| Prefectura | Prefectura de Nagano | ||
| Superficie | 331,82 km2 | ||
| Poboación | 96.747 (2009) | ||
| Densidade | 292 h/km² | ||
| Alcalde | Munehiro Miyazawa | ||
Azumino (安曇野市, あづみのし, Azumino-shi) é un concello da prefectura de Nagano no Xapón. Está situado na rexión de Kōshin'etsu, no centro da rexión de Chūbu e ó noroeste da prefectura, no centro da illa de Honshū. A súa superficie é de 331,82 km² e a poboación de 96.747 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 292 h/km².
O concello de Azumino limita cos concellos de Matsumoto, de Chikuhoku, de Ikusaka, de Ikeda, de Matsukawa e de Ōmachi.
Índice |
Historia [editar]
A cidade de Azumino foi fundada pola fusión de 2 concellos de vila (de Toyoshina e de Hotaka) e 2 concellos de aldea (de Misato e de Horigane) do distrito de Minamiazumi e un concello de vila (de Akashina) do distrito de Higashichikuma no ano 2005.
Personaxes de sona [editar]
- Kei Kumai (熊井 啓, くまい けい, 1930 - 2007) - Director de cine