Azahara Alonso Gómez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAzahara Alonso Gómez
Biografía
Nacemento1988 Editar o valor em Wikidata (35/36 anos)
Oviedo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaMadrid Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , escritora , filósofa Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 7110843


Azahara Alonso, nada en Oviedo en 1988, é unha filósofa e poeta española, especializada no xénero de aforismos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Alonso licenciouse en Filosofía por vocación, e posteriormente realizou un máster de Escritura Creativa.[1] Despois de vivir en varias cidades, en 2012 trasladouse a Madrid.

Traxectoria literaria[editar | editar a fonte]

Traballou como profesora e foi coordinadora da escola madrileña de literatura Hotel Kafka e xestora cultural na Fundación Centro de Poesía José Hierro. Ademais de impartir clases de escritura, escribe crítica literaria e artigos para distintos medios nacionais como Ámbito Cultural ou Rebelión entre outros.

Participou na antoloxía de relatos Servicio de habitaciones, que foi un proxecto común creado en 2016 pola escola Hotel Kafka, tanto para o alumnado como para o profesorado. Recóllese na obra unha disparidade de textos —algúns escritos por profesionais e outros por noveis— con relatos heteroxéneos tanto no estilo como nos xéneros, pero transcorrendo cada historia no acoutado espazo dun hotel.[2]

En 2016 publicou o seu primeiro libro, Bajas Presiones. É un libro de aforismos que se consideraba peculiar por ser tanto o primeiro libro da autora como o propio tema para ser o primeiro libro, non unha mera sucesión de ocorrencias, senón "froito dun exercicio de pensamento continuo e depurado".[3] Segundo conta a propia Alonso, "As baixas presións naceron duns cadernos, que son algo moi cotiá na miña vida, tomo notas a diario". Son frases curtas coas que debuxa unha visión persoal do seu mundo. [1] [4]

Na antoloxía Bajo el signo de Atenea, o antólogo Manuel Neila reuniu nel ás dez escritoras do século  máis representativas do aforismo en España, entre as que está Azahara Alonso.[5] Na presentación do libro salientouse a importancia das súas obras presentes e futuras como contribución ao enriquecemento do panorama do aforismo español contemporáneo.[6]

O segundo libro de Alonso foi o poemario Gestar un tópico, publicado no 2020.[7] «A miña palabra preferida é a linguaxe», afirmou a autora. Neste libro, o lingüístico é o campo semántico principal, o protagonista e o motor de todo o libro.[8]

Obras[editar | editar a fonte]

Libros[editar | editar a fonte]

  • Bajas Presiones (Editorial Trea, 2016)
  • Gestar un tópico (Ril Editores de España, 2020)[8]
  • Gozo (Editorial Siruela, Nuevos tiempos, 2023)[9]

Artigos[editar | editar a fonte]

  • Alonso, Azahara, en Estación Poesía, 2341-2224, N.º. 17, páxs. 43-43. 2019.[10]
  • Alonso, Azahara, en Estación Poesía, 2341-2224, N.º. 13, páxs. 34-34. 2018.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Bajo el signo de Atenea: diez aforistas de hoy. Sevilla: Renacimiento. 2017.
  • «Pick up all the Pieces and make an Island» en Servicio de habitaciones, Madrid: 120 Pies, 2016.[11]
  • "[El gato que husmea]" en Poemas para combatir el coronavirus, edición de Juan Luís Calbarro e Miriam Maeso, Alcobendas (Madrid): IES Ágora e Los Papeles de Brighton, 2021.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 González, Lupercio (2016-10-25). "Azahara Alonso. Escritora" (en castelán). Consultado o 2020-10-24. 
  2. Garcia, Leticia (2016-12-09). "'Servicio de habitaciones', antología de relatos de varios autores." (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2022. Consultado o 2020-10-24. 
  3. "Presentación de Bajas presiones [GETAFE] | Librerantes" (en castelán). Consultado o 2020-10-24. 
  4. "Azahara Alonso: Cinco libros de aforismos". Festival eñe. 06/06/2016. Consultado o 16/10/2023. 
  5. Domene, Pedro M. (2017-10-11). "Bajo el signo de Atenea reúne a diez aforistas españolas del siglo XXI" (en castelán). Consultado o 2020-10-24. 
  6. "BAJO EL SIGNO DE ATENEA. Diez aforistas de hoy". Arquivado dende o orixinal o 9 de diciembre de 2020. Consultado o 2020-10-24. 
  7. "Azahara Alonso presenta "Gestar un tópico". FCPJH « Centro de poesía José Hierro". Consultado o 2020-10-24. 
  8. 8,0 8,1 ""Gestar un tópico" de Azahara Alonso" (en castelán). Consultado o 2020-10-24. 
  9. Gallardo, Violeta Molina (2023-03-02). "'Gozo', de Azahara Alonso: literatura para huir de la prisión del trabajo y la prisa" (en castelán). Consultado o 2023-03-23. 
  10. "Estación poesía" (PDF). 
  11. "VVAA: Servicio de habitaciones" (en castelán). 2016-11-22. Consultado o 2020-10-24. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]