Ayanda Denge

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAyanda Denge
Biografía
Nacemento1982 Editar o valor em Wikidata
Porto Elizabeth, Suráfrica Editar o valor em Wikidata
Morte24 de marzo de 2019 Editar o valor em Wikidata (36/37 anos)
Cidade do Cabo, Suráfrica Editar o valor em Wikidata
Causa da mortehomicidio Editar o valor em Wikidata
Sex Workers Education & Advocacy Taskforce (en) Traducir
Asijiki Coalition for the Decriminalisation of Sex Work (en) Traducir
Women's Legal Centre Trust v President of the Republic of South Africa (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSuráfrica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntraballador sexual Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Ayanda Denge, finada o 24 de marzo de 2019, foi unha muller trans surafricana e sobrevivente de tráfico de sexual. Foi unha defensora das persoas transxénero, as superviventes de tráfico sexual, e da abolición da prostitución.[1] Foi a presidenta da Sex Workers Education and Advocacy Taskforce (SWEAT, en galego Grupo de Traballo de Educación e Defensa das Traballadoras Sexuais). Denge dixo que, "ser transxénero é unha tripla dose de estigmización e discriminación".[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Denge proviña do pobo Xosa, e medrou na cidade de Porto Elizabeth, no Cabo Oriental.[3]

Denge empezou a traballar en Xohanesburgo, e máis tarde viaxou a outras cidades surafricanas como Harare, Durban, Cidade de Cabo, Porto Elizabeth, e Cataratas Victoria.[3] Foi traballadora sexual durante máis de 15 anos.

Denge traballou como coordinadora para o Sisonke Sex Worker Movement (Sisonke, en galego Movemento de Traballadoras Sexuais de Sisonke) durante dous anos.[3] Denge foi a presidenta da Sex Workers Education and Advocacy Taskforce (SWEAT, en galego Grupo de Traballo de Educación e Defensa das Traballadoras Sexuais).[3] Foi defensora das persoas transxénero, das traballadoras sexuais, e da despenalización do traballo sexual.[2] No seu traballo con SWEAT, Denge capacitou a 50 educadores de pares, e traballou como oradora motivacional sobre "concienciación sobre o cancro, concienciación sobre a SIDA, e cuestións de defensa dos dereitos humanos relacionados co traballo sexual".[3]

Denge falou no lanzamento en agosto de 2015 en Cidade do Cabo da Coalición Asijiki para a Despenalización do Traballo Sexual.[4] A organización inclúe traballadoras sexuais, activistas, e defensores dos dereitos humanos. O Comité directivo está formado por Sisonke Sex Worker Movement (Sisonke), o Women's Legal Centre (WLC), a Sex Worker Education and Advocacy Taskforce (SWEAT) e Sonke Gender Justice.[4]

Denge foi entrevistada polo Daily Vox mentres participaba na Conferencia Internacional sobre a SIDA en 2016 en Durban, "Ser transxénero non é unha dose dobre, é máis unha dose tripla de estigmatización e discriminación."[2]

Foi atopada asasinada​ en marzo de 2019 nunha casa ocupada polo movemento Reclaim the City, onde vivía en Cidade do Cabo.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Housing activist killed in occupied Cape Town building". 26 de marzo de 2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Transgendered sex workers face a triple threat of stigma". 21 de xullo de 2016. Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2017. Consultado o 08 de marzo de 2021. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Ayanda Denge – Chairman of the Board". Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2018. Consultado o 08 de marzo de 2021. 
  4. 4,0 4,1 "Coalition launched to decriminalise sex work". 
  5. "Housing activist killed in occupied Cape Town building".