Axente desacoplante

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un axente desacoplante, desacoplante ou desacoplador é unha molécula que altera a fosforilación oxidativa en procariotas e mitocondrias ou a fotofosforilación nos cloroplastos e cianobacterias disociando as reaccións da síntese de ATP na cadea de transporte electrónico. O resultado é que a célula ou a mitocondria gasta enerxía para xerar unha forza protón-motriz, pero esta forza disípase antes de que a ATP sintase poida recapturar esta enerxía e usala para producir ATP. Os desacoplantes teñen a capacidade de transportar protóns a través das membranas das mitocondrias e de membranas lipídicas en xeral.

Outros desacoplantes naturais fisiolóxicos diferentes son as proteínas desacoplantes, como a termoxenina.

Descrición[editar | editar a fonte]

Os desacoplantes clásicos teñen cinco propiedades:[1]

  1. a liberación completa do control respiratorio
  2. a substitución de todos os procesos acoplados (síntese de ATP, transhidroxenación, fluxo electrónico inverso, transporte activo de catións, etc.) por un transporte de protóns cíclico mediado polo axente desacoplante
  3. a eliminación de todos os gradientes protónicos e catiónicos xerados a través da membrana mitocondrial ou procariota
  4. ningunha discriminación nestas accións entre un sitio de acoplamento e outro
  5. ningunha discriminación entre procesos acoplados impulsados pola transferencia de electróns e procesos acoplados impuolsados pola hidrólise de ATP.

Os pseudodesacoplantes presentan algunha ou varias destas propiedades, pero non todas e por iso deben combinarse con outros pseudodesacoplantes para conseguir o desacoplamento.[1]

Desacoplantes clásicos[editar | editar a fonte]

Os seguintes compostos coñécense como desacoplantes clásicos:[1][2]

Pseudodesacoplantes[editar | editar a fonte]

Os seguintes compostos coñécense como pseudodesacoplantes ou pseudodesacopladores:[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Kessler RJ, Tyson CA, Green DE (1976). "Mechanism of uncoupling in mitochondria: Uncouplers as ionophores for cycling cations and protons" (PDF). Proc Natl Acad Sci USA 73 (9): 3141–3145. Bibcode:1976PNAS...73.3141K. JSTOR 65688. PMC 430958. PMID 9641. doi:10.1073/pnas.73.9.3141. 
  2. Childress ES, Alexopoulos SJ, Hoehn KS, Santos WL (2018). "Small Molecule Mitochondrial Uncouplers and Their Therapeutic Potential". J Med Chem 61 (11): 4641–4655. PMID 29156129. doi:10.1021/acs.jmedchem.7b01182. 
  3. "California Poison Control System: Salicylates". Arquivado dende o orixinal o 2014-08-02. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.