Axel Heiberg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Axel Heiberg
Vista da illa
Wfm axel heibergIsland.jpg
Datos
Capital
País Canadá
Localización Océano Ártico
Arquipélago Illas da Raíña Isabel
Linguas
Poboación (2009) Deshabitada
Superficie 43.178 km²
Densidade
Coordenadas 79°26′N 90°46′W / 79.433°N 90.767°W / 79.433; -90.767
Maior Altura 2.211 m. Outlook Peak
Localización
Localización  da illa

A illa Axel Heiberg sitúase nas Illas da Raíña Isabel, en Nunavut, Canadá. A parte máis alta da illa cóbrea un glaciar. Atópase entre as coordenadas 78º e 81º N e só a habita o persoal dunha pequena estación científica.

É unha illa recortada por grandes fiordes, cunha área total de 43.178 km². O punto máis alto é Outlook Peak, cunha altura de 2.211 m. O xeo e os glaciares cobren 14.733 km² da área total.

A illa foi descuberta por Otto Sverdrup en 1900, poñéndolle o nome do consul noruego Axel Heiberg, que foi quen financiou a expedición. A exploración científica da illa comezou na década dos 50 do século XX.

Historia[editar | editar a fonte]

Habitouse no pasado polo pobo inuit, pero estaba deshabitada no momento en que foi nomeada por Otto Sverdrup, que a explorou ao redor de 1900, poñéndolle o nome do cónsul noruegués Axel Heiberg, que foi quen financiou a expedición.

A exploración científica da illa comezou na década dos 50 do século XX. En 1959, científicos da McGill University exploraron o fiorde Expedition no centro da illa de Axel Heiberg. Isto deu lugar á creación da Estación de Investigación do Ártico McGill, construída a 8 km ao interior de fiorde Expedition en 1960.

Un dos tres tocóns descubertos en illa Axel Heiberg.
Mapa da Illa Axel Heiberg.

Permanece deshabitada, salvo unha pequena estación científica. No entanto, aínda se conservan restos de poboados Inuit. Na illa descubriuse en 1985 un bosque petrificado do Eoceno, tres tocóns datados hai 40 millóns de anos, o que indica que esta parte norte do ártico era máis cálida e húmida que na actualidade.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]