Atraco perfecto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atraco perfecto
Título orixinal The Killing
[[Ficheiro:|200px| ]]
Ficha técnica
Director Stanley Kubrick
Produtor James B. Harris, Alexander Singer
Guión Stanley Kubrick, baseado na novela de Lionel White Clean Break; diálogos de Jim Thompson
Baseado en {{{baseado}}}
Intérpretes Sterling Hayden, Coleen Gray, Vince Edwards
Música Gerald Fried
Fotografía Lucien Ballard
Montaxe Betty Steinberg
Estudio {{{estudio}}}
Distribuidor United Artists
Ano 1956
Duración 83 min.
País Estados Unidos de América Estados Unidos
Xénero Intriga
Orzamento
Recadación {{{recadación}}}
Filme anterior
Filme seguinte
Ficha en IMDb

Atraco perfecto[1] é unha película dirixida por Stanley Kubrick en 1956, co título orixinal en inglés de The Killing.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento.

Johnny Clay (Sterling Hayden), despois de pasar cinco anos na cadea, decide dar o último golpe da súa vida: levar a recaudación dun hipódromo, uns dous millóns de dólares. Selecciona meticulosamente os cinco homes que serán os seus colaboradores, e planea a estratexia do asalto cunha precisión insospeitada.

Na operación acompáñano o policía corrupto Randy Kennan (Ted De Corsia), Mike O'Reilly (Joe Sawyer), un home que necesita imperiosamente os cartos para curar a súa muller doente, George Peatty (Elisha Cook Jr.), un tipo pouco consistente que ve por todos lados pretendentes da súa atractiva muller Sherry (Marie Windsor), e Nikki Arane (Timothy Carey), un asasino profesional que debe disparar no hipódromo ao cabalo Relámpago Vermello, favorito para a sétima carreira.

Nese momento, grazas á confusión creada, a banda desvalixa a caixa forte onde están os cartos. Nikki morre polos disparos dun vixilante do aparcadoiro. Á parte diso o plan sae segundo o previsto, pero cando Johnny ten que levar os cartos ao grupo, a policía entra no local e ten lugar un cruzamento de disparos, polo que se dirixe ao aeroporto coa súa moza para dirixirse a Boston. Alí vense obrigados a facturar a maleta, e cando é transportada ao avión cae do vehículo, ábrese e os billetes comezan a voar. Canto están a escapar, son detidos pola policía.

Historia[editar | editar a fonte]

A película ten varios puntos en común con The Asphalt Jungle (John Huston, 1950), tamén protagonizada por Sterling Hayden. Nela planéase igualmente un "atraco perfecto", que tamén é frustrado de xeito absurdo para compracer a censura e que os "malos" sexan castigados.

A película utiliza un sistema narrativo non lineal, e desde os distintos puntos de vista de todos os protagonistas.

Reparto[editar | editar a fonte]

  • Sterling Hayden como Johnny Clay
  • Coleen Gray como Fay
  • Vince Edwards como Val Cannon
  • Jay C. Flippen como Marvin Unger
  • Elisha Cook Jr. como George Peatty
  • Marie Windsor como Sherry Peatty
  • Ted de Corsia como Randy Kennan
  • Joe Sawyer como Mike O'Reilly
  • James Edwards como o empregado do parking
  • Timothy Carey como Nikki Arane
  • Joe Turkel como Tiny
  • Jay Adler como Leo o Usureiro
  • Kola Kwariani como Maurice Oboukhoff
  • Tito Vuolo como Joe Piano
  • Dorothy Adams como Sr. Ruthie O'Reilly

Notas[editar | editar a fonte]