Atol Tikehau
| Tikehau | |
|---|---|
| Datos | |
| País | Francia |
| Illa principal | Tuherahera |
| Linguas | |
| Poboación (2007) | 507 hab. |
| Superficie | 2´5 km² |
| Superficie lagoa | 7´4 km² |
| Nº de illas | |
| Coordenadas | 14°59′S 148°9′W / 14.983°S 148.15°W |
| Maior Altura | 8 m. |
| Localización | |
Tikehau é un atol das Tuamotu, na Polinesia Francesa. Administrativamente é unha comuna asociada á comuna de Rangiroa. Está situado ao noroeste do arquipélago, a 300 km ao nordés de Tahití e a 10 km ao oeste de Rangiroa.
Tikehau é un atol case circular de 26 km de diámetro e dunha anchura de entre 300 e 1.000 m, cun único paso para barcos pequenos. A superficie total é de 20 km²;. É considerado o atol con máis peixes das Tuamotu. Abundan raias, barracudas, atunes e quenllas grises. Tamén ten numerosas colonias de aves nos illotes illados da lagoa. A economía baséase na recolección de copra, na pesca que achegan no mercado de Tahití, e no turismo. A vila principal é Tuherahera e a poboación total era de 409 habitantes no censo de 1996. É remarcable que entre esta poboación reducida coexistan catro relixións: a maioritaria sanito, rama disidente dos mormones, e ademais protestantes, católicos e adventistas.
O nome Tikehau significa «aterraxe para a paz». Foi descuberto polo ruso Otto von Kotzebue en 1816, que o chamou, en honra ao primeiro explorador ruso do Pacífico: Krusenstern.