Atol Rakahanga
| Rakahanga | |
|---|---|
| Datos | |
| País | Illas Cook |
| Illa principal | Rakahanga |
| Linguas | |
| Poboación (2006) | 141 hab. |
| Superficie | 4´1 km² |
| Superficie lagoa | km² |
| Nº de illas | 9 |
| Coordenadas | 10°02′S 161°05′W / 10.033°S 161.083°W |
| Maior Altura | |
| Localización | |
![]() |
|
Rakahanga é un atol das illas Cook setentrionais. Está situado a 42 km ao norte de Manihiki, considerada como unha illa irmá. As súas coordenadas son: 10º 2' sur 161º 5' oeste.
Xeografía [editar]
O atol, de forma case rectangular, está formado por dúas illas habitadas e sete illotes. A superficie total é de 4,1 km². A lagoa é pouco profunda e isto impediu o cultivo de perlas. A economía baséase na recolección de copra, o cultivo de taro e na confección de chapeus de follas trenzadas de coco que se exportan a Rarotonga. A poboación total era de 161 habitantes segundo o censo de 2001.
Historia [editar]
Rakahanga foi a primeira das illas Cook que foi avistada polos europeos. Foi Pedro Fernández de Quirós en 1606, que quedou impresionado da súa xente e denominouno Xente Fermosa, e noutros relatos é a Illa do Peregrino. A pesar do interese que espertou a descrición de Quirós, non foi atopada de novo ata 1820 polo ruso Thaddeus Bellingshausen que o denominou illa do Gran Duque Alexandre. Despois chegaron os baleeiros estadounidenses: o capitán Patrickson denominouno Reirson Island, e o capitán Joshua Coffin, do baleeiro Ganges, denominouno Little Ganges Island en 1828. Outros nomes utilizados son: Francis Island, Princess Marianne Island e Alliconga Island.
Rakahanga foi evanxelizada a partir de 1857 coa chegada do misioneiro da London Missionary Society, Aaron Buzacott.
