Atol Katiu
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Katiu | |
|---|---|
| Datos | |
| País | Francia |
| Illa principal | |
| Linguas | |
| Poboación (2007) | 285 hab. |
| Superficie | 27 km² |
| Superficie lagoa | 208 km² |
| Nº de illas | |
| Coordenadas | 16°26′S 144°22′W / 16.433°S 144.367°W |
| Maior Altura | |
| Localización | |
Katiu é un atol de Tuamotu, na Polinesia francesa. Administrativamente é unha comuna asociada na comuna de Makemo. Está situado a 25 km ao nordés de Makemo e a 13 km ao norte das illas Raevski.
[editar] Xeografía
O atol ten unha forma ovalada de 27 km de longo e 12,5 km de ancho. A superficie emerxida é de 27 km². A lagoa interior, de 235 km², ten un paso navegable chamado Pakat.
A vila principal é Hitianau, situada ao norte á beira do paso. A poboación total é de 375 habitantes (censo do 2002), que viven principalmente do cultivo de perlas negras e da copra. Dispón dunha igrexa católica e dun aeroporto rexional inaugurado en 2001.
[editar] Historia
Foi descuberto o 1820 por Fabian Gottlieb von Bellingshausen que o chamou Osten-Saken ou Saken.