Asaari Bibang

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAsaari Bibang

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Assari Bibang Ngui Editar o valor em Wikidata
28 de xullo de 1985 Editar o valor em Wikidata (38 anos)
Malabo (Guinea Ecuatorial) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeGuinea Ecuatorial Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , escritora , monologuista , activista Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm4198905 Twitter: asaaribibang Instagram: asaaribibang Editar o valor em Wikidata

Assari Bibang Ngui, coñecida como Asaari Bibang, nada en Malabo o 28 de xullo de 1985, é unha actriz, escritora, humorista e activista ecuatoguineana afincada en España.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como actriz protagonizou a súa primeira película en 2010, Área de Descanso.[1] En 2015 debutou como monologuista e realizou unha xira por España co seu espectáculo La negra batalla.[1][2] Participou en Riot Comedy, o proxecto feminista da cómica Penny Jay, no festival de humor feminista Coñumor e en programas como La resistencia, Las que faltaban ou Comedy Central.[2][3]

En 2021 Bibang presentou o seu espectáculo afrofeminista Humor Negra.[4] Ese ano deu un monólogo durante a gala dos Premios Feroz no que criticaba a precariedade laboral e a situación das actrices cando cumpren anos, que a deu a coñecer entre o gran público.[4] Ademais, colabora coa revista feminista Pikara Magazine e o diario El País.[3]

Forma parte do equipo do podcast No hay negros en el Tíbet, de temática antirracista, xunto co produtor musical, beatmaker e locutor Frank T e o cómico e actor Lamine Thior.[5]

Activismo[editar | editar a fonte]

Bibang é moi crítica cos papeis que se lles outorgan en España ás persoas negras e afrodescendentes, así como coas barreiras que as mulleres negras atopan se quixeren dedicarse á actuación en España. Critica o racismo non só da sociedade española, senón tamén da industria audiovisual.[6]

Obra[editar | editar a fonte]

  • 2021 – Y a pesar de todo, aquí estoy[7]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Título Papel Notas
2011 Área de descanso Wambara
2012 Evelyn Elizabeth
2016 Centro médico Adana
2019 La resistencia Ela mesma 1 episodio
2019 Las que faltaban Ela mesma 1 episodio
2020 La mujer ilegal Khatia
2021 Premios Feroz Presentadora
2021 ¿Y si sí? Cómica
2022 No hay negros en el Tíbet Ela mesma

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • 2023 Premios Desalambre na categoría de activismo individual.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Plaza Casares, Sara (14 de agosto de 2021). "Asaari Bibang: “Me hace feliz que otras mujeres negras se reconozcan en mí y vean que ningún espacio nos está prohibido”". El Salto (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 Cadenas, Julia F. (3 de febreiro de 2020). "“Mi hijo lo va a tener más difícil que yo el día de mañana por el hecho de ser negro”". El País (en castelán) (Madrid). ISSN 1134-6582. Consultado o 21 de febreiro de 2023. 
  3. 3,0 3,1 Comas Casas, Berta (10 de xullo de 2021). "Asaari Bibang: "Las cómicas no somos champiñones, somos currantas"". Arainfo (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2023. 
  4. 4,0 4,1 Martínez, Miriam (5 de maio de 2021). "Asaari Bibang, la actriz que convierte la reivindicación en comedia: “Tratar temas espinosos desde el arte siempre es una buena idea”". El País (en castelán) (Prisa). Consultado o 21 de febreiro de 2023. 
  5. Llanos Martínez, Héctor (4 de abril de 2022). "‘La noria’ de Elizabeth Duval y otros podcast conversacionales para el mes de abril". El País (en castelán) (Madrid: Prisa). Consultado o 21 de febreiro de 2023. 
  6. MM, Pablo (11 de marzo de 2021). "Asaari Bibang: "Si no hay sitio para mí, lo dejaré"". Kamchatka (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2023. 
  7. Bibang, Asaari (2021). Y a pesar de todo, aquí estoy (en castelán). ilustrado por Galbany. Barcelona: Penguin Random House. ISBN 9788402425102. OCLC 1299232786. Consultado o 21 de febreiro de 2023. 
  8. "Emilio Morenatti y Asaari Bibang, galardonados con los IV Premios Desalambre". elDiario.es (en castelán). 30 de xaneiro de 2023. Consultado o 21 de febreiro de 2023.