Artigo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Palabra que deriva do latín articŭlus.

1. (s. m.) Cada parte nas que se dividen de xeito común os escritos.

2. Artigo enciclopédico (s. m.) Cada explicación correspondente a un termo nun dicionario ou enciclopedia.

3. Artigo xornalístico (s. m.): Cada parte separada inserida nun xornal ou revista.

4. Artigo de consumo (s. m.): Mercadoría.

5. Artigo lexislativo (s. m.) Cada parte das numeradas nunha lei ou disposición (contrato, acordo, ...)

6. Artigo gramatical (s. m.): Clase de verbas que modifican o substantivo. Poden ser determinados (o, a, os, as) ou indeterminados (un, unha, uns, unhas) segundo sexa previamente coñecida a entidade designada polo substantivo. Non tódalas linguas teñen dos dous tipos, e mesmo non tódalas linguas teñen artigos (por exemplo, o latín non tiña).

Ferramentas persoais