Articulación úmero-cubital

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cóbado

A articulación úmero-cubital é unha articulación do membro superior humano, que forma parte do cóbado. Artella o úmero e o cúbito, permitindo movementos de flexión, extensión e circundución.

Índice

[editar] Superficies articulares

Na parte superior ou proximal, participa a tróclea umeral, que encaixa coa epitróclea cubital, que constitúe a parte inferior ou distal da articulación. Os bordos da epitróclea evitan os movementos laterais.

[editar] Músculos que participan

Participan na flexión: o músculo bíceps braquial e o músculo braquial anterior, axudados polo músculo braquiorradial. Na extensión colaboran o tríceps braquial e o músculo ancóneo, colaborando con eles os músculos do epicóndilo lateral.

[editar] Véxase tamén

[editar] Bibliografía

  • Gray. Anatomy of the human body (en castelán). Edición de 1918 de dominio público.
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas