Bíceps braquial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Músculo bíceps braquial")
Biceps brachii.png

O bíceps braquial é un músculo do membro superior humano. Ao igual có femoral, está composto por unha porción curta e unha longa. Insírese superiomente na escápula e inferiormente no radio. Forma parte do plano muscular superficial do brazo.

Insercións[editar | editar a fonte]

Traxecto e relacións[editar | editar a fonte]

A porción curta sae da apófise coracoide levando por dentro o músculo coraco-braquial. Atravesa a canle bicipital, tapado polo ligamento de Gordon-Brodie. Tras pasar pola canle únese coa porción longa formando unha única masa muscular. Neste momento, o bíceps cobre o braquial anterior e entre eles discorre o nervio musculocutáneo, que inerva a ambos músculos e tamén ó coraco-braquial. Superficialmente, relaciónase co sistema venoso superficial do brazo, coa vea cefálica por fóra e coa vea basílica por dentro. Na parte máis inferior a masa muscular diminúe de diámetro e fórmase o tendón bicipital. Este tendón limita por fóra a canle bicipital interna e por dentro a canle bicipital externa. Xa no antebrazo, o tendón insírese na parte postero-lateral do tubérculo radial.

Funcións[editar | editar a fonte]

Inervación e vascularización[editar | editar a fonte]