Arthur Kennedy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arthur Kennedy
Nacemento John Arthur Kennedy
17 de febreiro de 1914
Worcester, Massachusetts
Falecemento 5 de xaneiro de 1990
Branford, Connecticut
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Profesión Actor
Cónxuxe(s) Mary Cheffrey (1938-75)
Ficha na IMDb

John Arthur Kennedy, nado en Worcester (Massachusetts) o 17 de febreiro de 1914 e finado en Branford (Connecticut) o 5 de xaneiro de 1990 foi un actor estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou arte dramática en Pittsburgh e logo marchou a Nova York, onde se uniu a unha compañía teatral coa que representou obras clásicas. Debutou en Broadway en 1937 co papel de Bushy en Richard II.

Foi descuberto por James Cagney, debutando no cinema interpretando o seu irmán en City for Conquest (1940). Durante as décadas de 1940, 50 e 60 apareceu en filmes moi destacados, e foi candidato ao Oscar en cinco ocasións. Ao mesmo tempo seguía mantendo unha recoñecida carreira teatral.

Trala morte da súa esposa en 1975 perdeu interese no cinema, tendo problemas de saúde.

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • City for Conquest (1940)
  • High Sierra (1941)
  • They Died with Their Boots On (1941)
  • Knockout (1941)
  • Desperate Journey (1942)
  • Air Force (1943)
  • Resisting Enemy Interrogation (1944)
  • Devotion (1946)
  • Boomerang (1947)
  • Champion (1949)
  • Chicago Deadline (1949)
  • Too Late for Tears (1949)
  • The Walking Hills (1949)
  • The Window (1949)
  • The Glass Menagerie (1950)
  • Bright Victory (1951)
  • Bend of the River (1952)
  • The Girl in White (1952)
  • Rancho Notorious (1952)
  • The Lusty Men (1952)
  • Impulse (1954)
  • Crashout (1955)
  • O home de Laramie (1955)
  • The Desperate Hours (1955)
  • Trial (1955)
  • The Naked Dawn (1955)
  • Peyton Place (1957)
  • Some Came Running (1958)
  • A Summer Place (1959)
  • Elmer Gantry (1960)
  • Barabbas (1961)
  • Murder, She Said (1961)
  • Hemingway's Adventures of a Young Man (1962)
  • Lawrence of Arabia (1962)
  • Cheyenne Autumn (1964)
  • Attack and Retreat (1964)
  • Joy in the Morning (1965)
  • Nevada Smith (1966)
  • Fantastic Voyage (1966)
  • Monday's Child (1967)
  • Day of the Evil Gun (1968)
  • Anzio (1968)
  • A Minute to Pray, a Second to Die (1968)
  • Shark! (1969)
  • Let Sleeping Corpses Lie (1974)
  • The Police Can't Move (1974)
  • The Sentinel (1976)
  • Covert Action (1978)
  • The Humanoid (1979)
  • Signs of Life (1989)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]