O home de Laramie
| O home de Laramie | |
|---|---|
| Título orixinal | The Man from Laramie |
James Stewart |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Anthony Mann |
| Produtor | William Goetz |
| Guión | Philip Yordan Frank Burt |
| Baseado en | |
| Intérpretes | James Stewart Arthur Kennedy Donald Crisp Cathy O'Donnell |
| Música | Lester Lee George Duning |
| Fotografía | Charles Lang |
| Montaxe | William Lyon |
| Estudio | William Goetz Productions |
| Distribuidor | Columbia Pictures |
| Ano | 1955 |
| Duración | 104 minutos |
| País | |
| Xénero | Western |
| Orzamento | |
| Filme anterior | |
| Filme seguinte | |
| Ficha en IMDb | |
O home de Laramie (en inglés, The Man from Laramie) é unha película do oeste dirixida por Anthony Mann e protagonizada por James Stewart. Tamén foi a primeira película filmada en cinemascope.
Índice |
Argumento [editar]
Will Lockhart (James Stewart) é un misterioso vaqueiro que chega a Coronado, unha pequena vila de Novo México, coa única obsesión de atopar a persoa que lle vendeu uns rifles ós apaches que causaron a morte do seu irmán. Alí coñecerá ó cacique local, un vello cego chamado Alec Waggoman (Donald Crisp), ó seu desapiadado fillo Dave (Alex Nicol) e ó seu fillo adoptivo Vic Hansbro (Arthur Kennedy). A sede de vinganza de Will o levará a un enfrontamento co clan, especialmente con Dave, quen a piques está de causarlle a morte.
Inspirada na obra de William Shakespeare O rei Lear, James Stewart dá vida a un heroe débil e vítima das súas obsesións, moi lonxe do arquetipo de vaqueiro representado por exemplo por John Wayne ou Clint Eastwood. Amais, Mann saca proveito das vantaxes do cinemascope para enfatizar a violencia e dor das personaxes a través da paisaxe deserta e árida de Novo México.
Reparto [editar]
- James Stewart: Will Lockhart.
- Donald Crisp: Alec Waggoman.
- Alex Nicol: Dave Waggoman.
- Arthur Kennedy: Vic Hansbro.
- Cathy O'Donell: Barbara Waggoman.
- Aline MacMahon: Kate Canady.
- Wallace Ford: Charley O'Leary.
Trivia [editar]
- É a cuarta película de cinco en total que rodan Mann e Stewart xuntos. Antes de O home de Laramie rodaran Winchester 73 (1950), Colorado Jim (1953), Horizontes distantes (1952) e Música e bágoas (1954).
- O duelo entre Dave e Will será lembrado coma a escena máis violenta no cine dos conservadores anos 50, causando unha gran controversia pola violencia que desprende a cinta.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- O home de Laramie na IMDb (en inglés).